O vindeiro luns, 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ. Nesta mesma data tódolos anos nos colexios facemos distintas actividades e algún acto simbólico conxunto pola Paz.
Esta data coincide co asasinato do líder indio Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948. Gandhi defendía a loita sen violencia contra a inxustiza, converténdose nun símbolo da paz para o resto do mundo. Seguindo o seu exemplo da “non violencia” non deberíamos ter un día da paz senón paz tódolos días. Lembremos que a paz comeza en nós, está nas nosas mans conseguir un mundo mellor.
Podemos facer actividades premendo sobre as imaxes.
Sopa de letras sobre a Paz.
Buscamos as 8 diferenzas. Se queremos buscar 6 nestas pombas ...
Crebacabezas da pomba da paz de 9 pezas. Podemos facer máis aquí.
Podemos atopar moitas actividades e recursos sobre a Paz no blogue Tic Tac Chans e tamén nas "webs amigas do Día da Paz" da web do noso cole.