RECURSOS

Aquí propoñemos enlaces a páxinas, portais ... onde encontrar recursos como actividades flash, para PDI ...
Na páxina de Ediga (Asociación Encerado Dixital Galicia) temos abundante información e documentación sobre a PDI. Tamén poderemos optar por descargar recursos pdi para obter actividades para facer nas pizarras dixitais sen esquecer que tamén podemos subir as que diseñemos nós.
No portal de creación e investigación multimedia GenMagic.org temos diversos e interesantes recursos: fichas para a PDI e especialmente actividades flash. Podemos buscar por materias, ver as máis valoradas ... Empregando unha pequena aplicación como é Sothink swf Catcher, con versións para os distintos navegadores, poderemos descargalas ao noso ordenador.
Se entramos en Supersaber podemos facer actividades de C. do Medio (mamíferos, aves, aparato dixextivo, alimentación dos animais...), cálculo mental ( carrera de sumas y restas, carrera de cálculo mental, oca de las sumas ...) e ortografía ( traballando b/v). Son actividades lúdicas en que contan os coñecementos, e a rapidez no cálculo.
Un recurso interesante é Vedoque onde podemos atopar moitos enlaces, tanto para Infantil como para Primaria, de actividades online, actividades lúdicas, fichas para imprimir ...
Facendo clic na imaxe podemos acceder a un montón de recursos para aprender a estudar:  resumos, esquemas, técnicas de lectura ... 


Podemos descargar actividades LIM en distintos idiomas e de diferentes materias e niveis.