O mércores, 27 de novembro, o alumnado
de 4º de Primaria visitamos o xacemento
arqueolóxico do Castro de Vigo, no monte do Castro, no centro da cidade.
Recibiunos Rubén, o arqueólogo, e diante
da maqueta do castro explicounos moitas cousas do poboado e satisfixo a nosa
curiosidade respondendo a todas as nosas preguntas, que foron moitas.
Díxonos que os restos escavados forman
parte dun gran poboado castrexo que estivo habitado entre os séculos III a.C. e
III d.C.
Contounos que vivían da agricultura, da
gandería, da recolección de produtos vexetais e dos recursos mariños.
Ensinounos os restos arqueolóxicos reais
formados por restos de casas e vimos as réplicas ou recreacións de distintos
tipos de vivendas, segundo o uso, ambientadas no século I d.C., fai uns 2.000
anos. Foi o que máis nos gustou e permitiunos imaxinarnos como vivían naquela
época.
Merendamos na antiga fortaleza militar,
hoxe parque infantil, e gozamos das marabillosas vistas sobre a ría: Rande, a
Guía, as Cíes, Toralla ...
FOI UNHA SAÍDA XENIAL !!!