martes, 19 de noviembre de 2019

Gaia

Hoxe o alumnado de 3º e 4º fomos ao teatro a ver a obra: GAIA.

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza achégannos coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa. Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. 
A importancia da interacción entre as persoas e a natureza é a clave desta obra. 


domingo, 10 de noviembre de 2019

Magosto 2019

Xa chega o magosto a Chans, as fogueiras están encendidas e os xogos preparados. Agora a comer e gozar.



4º reto matemático

A nosa aventura remata saíndo da illa. 
Pero necesitamos luz para iluminar o noso camino de volta a casa. Para creala temos que elaborar  lámpadas por parellas para colocar no noso barco.
Comenzamos a súa elaboración traballando con rectas paralelas e elaborando conos.
E así é como traballamos.






Moitas grazas a María, Nerea e Xoán pola vosa dedicación.








sábado, 2 de noviembre de 2019

Semana das bibliotecas escolares: "Bibliotecas con encanto"

BIBLIOTECAS CON ENCANTO

Para celebrar o día das Bibliotecas escolares (24 outubro) o Trasno Contacontos enviounos este vídeo das bibliotecas que percorreu durante as vacacións. 
Sabedes cal é a súa Biblioteca favorita?