TRABALLOS

Pódese ver nesta sección unha mostra dos traballos feitos polo alumnado por medio de...
galerías de fotos, vídeos ...
Curso 2011- 12

Os alumnos e alumnas de 4º seguimos a traballar neste curso 2011-12 sobre a flora de Bembrive. Estamos observando as transformacións que se producen na paisaxe ao longo dos cambios estacionais.  No seguinte traballo podemos ver como muda a paisaxe no outono, como cambia o tempo, os froitos que podemos recoller ...

No seguinte vídeo podemos ver o traballo que fixemos os alumnos e alumnas de 4º sobre o inverno.


E para rematar coas estacións, este é o noso traballo sobre a primavera e o verán.




Os alumnos e alumnas de 4º recopilamos textos sobre as plantas e tamén temos algúns dos que nós somos autores: textos informativos, poemas, ditos, refráns ... Pinchade para velos.


Os nenos e nenas de  3º traballamos o cómic nas clases de Lingua Castelá. Botade unha ollada as nosas creacións.


Curso 2010 - 11


Coas follas que recollemos no outono e logo secamos, o alumnado de 3º fixemos un herbario, As follas de Chans, dentro do proxecto Achégate a Bembrive. Este traballo permitiunos coñecer as partes dunha folla e a maneira de clasificalas segundo a forma de limbo (aciculada,acorazoada, palmada …) e segundo a forma do bordo do limbo (aserrada, lobulada, dentada …).
Etiquetamos as follas secas escribindo o nome galego, castelán e científico da árbore á que pertencen, indicando tamén o tipo (aserrada, lobulada …). Tamén atoparemos unhas recomendacións que debemos ter en conta cando recollemos as follas para que nos sequen ben e non prexudicar as árbores.
Se queremos ver o herbario facemos clic na folla.

Tamén fixemos un cómic sobre a elaboración do herbario no que nós somos os protagonistas.
Pinchamos nos bocadillos para velo.
Os alumnos e alumnas de 4º elaboramos un traballo sobre os muíños, A auga que move os muíños de Bembrive, para o proxecto Achégate aBembrive. Os muíños tiveron moita importancia no pasado para moer o gran (trigo, centeo, millo …) formando parte da paisaxe de Galicia xa que estas construcións abundaban en ríos e regatos. Tamén forman parte da cultura popular: cantigas, bailes e ditos abundan en referencia aos muíños.
Neste traballo fixemos un estudo sobre os muíños de Bembrive no que facemos referencia ao seu nome, situación e estado de conservación, documentándoo con imaxes das construcións ou dos seus restos. Tamén se recolle información gráfica das partes do muíño e mostras de cantigas e ditos sobre os muíños.
Para ver o traballo fai clic sobre o muíño.
Outra forma de ver os nosos traballos, tipo catálogo, é facendo clic nas imaxes.