Chega o 17 de maio, Día das Letras Galegas, data na que lembramos a un escritor ou escritora que escribiu na nosa lingua ou estivo vinculado a nosa cultura. Neste ano lembramos ao poeta de Monforte LOIS PEREIRO.
Nós celebramos as Letras Galegas con moitas actividades: escribimos para a revista A Xanela, participaremos no festival, no Correlingua, sairemos a coñecer o entorno visitando fontes e lavadoiros, para despois participar no acto conxunto de todo o colexio no Torreiro, en Bembrive.
Na rede podemos informarnos desta importante celebración para a nosa lingua en numerosos enlaces como pode ser o SeminarioGalán, onde ademais podemos facer unha actividade multimedia interactiva sobre Lois Pereiro. Hai tamén actividades para outros ciclos e tamén para Infantil. A información aparece por etapas_ciclos e este é o vínculo para o noso ciclo.
Na web da Real Aademia Galega podemos atopar tamén información sobre a celebración e Lois Pereiro. Tamén neste link hai abundante información e poderemos coñecer o nome e o ano de tódolos homenaxeados-as ata hoxe.
Na páxina da coordinadora galega de equipos ndl hai abundante información e documentación escrita e audiovisual.
Esta é outra actividade lim sobre o autor homenaxeado. Unha máis que podemos facer para coñecer un pouco máis a Lois Pereiro.
Para rematar un vídeo da biografía de Lois Pereiro onde tamén escoitaremos unha mostra da súa poesía.

No hay comentarios:
Publicar un comentario