O venres 24 de
maio o alumnado do 2º ciclo participou nun taller da Fundación Mapfre que trata
dunha campaña de aforro da auga.
Dous educadores
ambientais, caracterizados de científicos, por medio dunha presentación
lembráronnos que aínda que a maior parte da Terra está cuberta de auga, só unha
pequena parte é auga doce e dela, unha pequena cantidade é potable. Isto é o
que cea a necesidade da aforrala e que teñamos que facer un uso racional dela.
Na segunda parte
do taller fixemos unha actividade de reciclado. Co contido dunha bolsa de lixo,
cada un de nós tivo que colocar no contedor correspondente un residuo segundo se puidera
reciclar ou desbotar.
Deixáronnos uns
cómics onde os protagonistas son os membros da Ecopatrulla e recomendáronnos
visitar Educatumundo onde podemos descargar os cómics e ver informacións e
vídeos de distintos temas ambientais.
Para rematar os ciéntificos convertéronnos en raperos e cantamos e bailamos por un bo uso da auga. Foi unha boa
actividade para concienciarnos no aforro da auga e na necesidade da reciclaxe
do lixo.