sábado, 1 de junio de 2013

Campaña-taller de aforro da auga

O venres 24 de maio o alumnado do 2º ciclo participou nun taller da Fundación Mapfre que trata dunha campaña de aforro da auga.

Dous educadores ambientais, caracterizados de científicos, por medio dunha presentación lembráronnos que aínda que a maior parte da Terra está cuberta de auga, só unha pequena parte é auga doce e dela, unha pequena cantidade é potable. Isto é o que cea a necesidade da aforrala e que teñamos que facer un uso racional dela.

Na segunda parte do taller fixemos unha actividade de reciclado. Co contido dunha bolsa de lixo, cada un de nós tivo que colocar no contedor correspondente un residuo segundo se puidera reciclar ou desbotar.

Deixáronnos uns cómics onde os protagonistas son os membros da Ecopatrulla e recomendáronnos visitar Educatumundo onde podemos descargar os cómics e ver informacións e vídeos de distintos temas ambientais.

Para rematar os ciéntificos convertéronnos en raperos e cantamos e bailamos por un bo uso da auga. Foi unha boa actividade para concienciarnos no aforro da auga e na necesidade da reciclaxe do lixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario