Dentro da Semana da celebración das
Letras Galegas, na saída á contorna previa ao acto que celebramos no Torreiro, o
14 de maio os alumnos/as de 4º visitamos o muíño da Pedrosa e a forxa do
ferreiro, o señor Miro, avó dos nosos
compañeiros Rubén de 2º e Bruno de 3º.
No muíño da Pedrosa explicáronnos como
funcionaba, que utilizaba unha enerxía renovable como é a forza da auga
procedente do rio Eifonso.
Na visita á forxa, xunto ao seu
domicilio, recibíronnos amosándonos unha exposición cos traballos que fai co
ferro. Pasamos logo a forxa onde vimos como quentaba o ferro para moldealo
golpeándoo. Algúns compañeiros e compañeiras puidemos probar que non é moi
doado.
Ensinounos tamén como facía os
mangos para as fouciñas e quedamos abraiados do fácil que resultaba para el
facelos no torno, resultado dos moitos anos de traballo.
Tamén nos mostrou como facía o corte
das fouciñas, demostrando unha vez máis a habilidade adquirida coas horas de
traballo dedicadas ao seu oficio. Nós tamén probamos pero comprobamos que era
moi difícil … seguramente porque era a primeira vez que o intentabamos.
Foi unha lección moi interesante
para todos nós porque nos permitiu coñecer o traballo dun oficio moi antigo dos
que xa quedan poucas persoas que o fagan. Moitas grazas por recibirnos e pola
amabilidade mostrada durante a visita.
RESULTOU MOI INTERESANTE !
No hay comentarios:
Publicar un comentario