martes, 23 de enero de 2018

Visita a nosa escola de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro.




Un encontro poético.


Ao noso cole viu un home adulto, alto, cos ollos marróns, de pelo branco. Vestido cunha camiseta branca e vermella, zapatos marróns e un fular.
Gracioso, divertido, agradable, contento e acompañado dun monicreque moi chulo e guapo chamado Martiño. Un home que lle gusta o deporte, a música, bañarse na praia, pasear e falar.
Un home que escribiu un libro que nos gustou moitísimo chamado “Poemar o mar”.
"Poemar o Mar" é un libro que pertence a unha triloxía sobre o mar . Un mar ronco que molla con poemas, que ten trenzas , que anda murcho, que produciu en nós unha morea de sentimentos, encantounos!, por iso tiñamos moitas gañas de coñecer ao seu autor, Antonio García Teijeiro .
Así é como o presentamos cando chegou a nosa escola:
Hoxe visita a nosa escola
Antonio García Teijeiro
poeta e narrador
e mestre de profesión.
Coñecemos o seu libro
chamado " poemar o mar"
traballámolo na aula,
e gustounos a rabiar.
Benvido á  nosa escola,
gústanos que esteas aquí,
estaremos moi atentos,
a todo o que vas dicir.
E agora todos e todas caladiños,
que o poeta Teijeiro vainos ensinar a facer versos.
Leunos poemas do seu libro, explicounos eses poemas, sacou a súa marioneta e falounos del como escritor.
Para el a poesía é o medio máis literario de todos, expresa con beleza e ten moita forza, por iso sempre intenta que o seu alumnado teña a poesía moi presente e de fronte.
Di que cando escribe un libro intenta ser consecuente consigo mesmo e por iso o libro tenlle que gustar a el. Escribe con moito respecto e moito agarimo e cando o fai, pasa por estados de dúbidas, de rabia, de loita, para rematar nun momento de pracer. Iso si, despois de moitas correccións e darlle moitas voltas aos escritos.
Sempre escribe a man e cando pensa que ten o resultado final, pásao ao computador .
Un gran consello que nos deu foi que, para escribir, primeiro hai que ler, empaparse de lecturas diferentes.

Grazas Antonio García Teijeiro, poeta, narrador e mestre de profesión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario