sábado, 2 de junio de 2018

Dakidarría con nós.Como o vivimos


DAKIDARRÍA CON NÓS

Neste curso aprendemos un montón de cousas coa música, e moitas delas da man dun grupo chamado Dakidarría, un grupo que coñecimos a través das súas cancións como:

"Violeta" que fala da historia das desigualdades , de mulleres escravas vivindo en inferioridade. De mulleres que se revelan e nos dan exemplo de valor. Violeta regálanos esperanza coas súas palabras,  nada contracorrente buscando un mundo máis feliz para poder vivir en igualdade.

Ou "Terra" a nosa Terra , coas pallozas, as praias de Massó, Vigo, Carballiño, Salvaterra do Miño, Cangas, Ordes, e ese anaco da nosa terra que añadimos nós que é Bembrive. 
Unha terra fermosa cunha lingua nosa para escoitar aprender e compartir.

No momento que se barallou a posibilidade de que puideran visitarnos empezou a nosa conta  atrás.

Día 30 de maio, Ana chama a porta e di que alguén pregunta por nós,e entra  ....Dakidarría.

Aínda que o grupo o compoñen 8 entraron pola porta 5 deles; Anxo, Joaquín, Jorge, Gabri e David, e nós,..., emocionadas, emocionados, nervosos e nervosas, sentindo un montón de cousas e querendo saber máis deles, para iso abordámolos con preguntas nunha rolda de prensa.



       
Contáronnos que cando cantan senten alegría e que están a facer o que teñen que facer porque a música gústalles dende sempre .
Algúns coñecéronse no instituto e formaron o grupo porque estaban aburridos e por iso de..”facer algo”..e contar cousas que lles pasaban e o que vían, contar iso transformouse en algo bo para eles. Lévanse entre eles como irmáns.
Compoñen as cancións entre todos, en equipo, a cada un deles vaiselle ocurrindo algo e unha cousa leva a outra.
A súa musica ten estilo propio, estilo da ría de Vigo, onde ten cabida  o rock, punk ,ska, reagee, rumba, hip-hop, rap.
A súa canción favorita é Terra  e o seu primeiro concerto foi hai 15 anos,  en febreiro do 2002, no bar Patos, polo afundimento do Prestige.
De pequenos; Anxo quería ser,  futbolista, Vilas cociñeiro  porque gústalle cociñar e comer; Gabri profesor, aínda que prefire cantar para poder berrar; Joaqui, astronauta e Xavi, mariñeiro ata que se deu conta que ser mariñeiro era moi duro.

Despois da rolda de prensa baixamos a clase de música, alí o alumnado de 3º  e 4º B de Chans xunto coas súas profesoras tivemos o privilexio de escoitar un mini concerto representado por estes artistas.
Cantamos con eles, bailamos, tocamos palmas, recollemos autógrafos e tamén algún que outro agasallo.

Oito persoas simpáticas, próximas, moi xenerosas a hora de responder ás nosas preguntas, co seu tempo e cos seus agasallos.
Oito músicos que fan música con moita marcha. Encántanos¡ Que a utilizan para contar todas esas cousas que non lles gustan do que viven, o as que lles gustaría mellorar.
Non saben estar "calados" e iso foi o que nos achegou a eles.
Grazas Dakidarría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario