lunes, 9 de diciembre de 2019

Naturnova

Naturnova é un Centro Interactivo de Educación Ambiental, situado en Vigo.Nos o visitamos para coñecer as curiosidades do Universo, do noso planeta e do medio que nos rodea foi dun xeito  lúdico, dinámico e gustounos un montón.





domingo, 8 de diciembre de 2019

martes, 19 de noviembre de 2019

Gaia

Hoxe o alumnado de 3º e 4º fomos ao teatro a ver a obra: GAIA.

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza achégannos coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa. Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. 
A importancia da interacción entre as persoas e a natureza é a clave desta obra. 


domingo, 10 de noviembre de 2019

Magosto 2019

Xa chega o magosto a Chans, as fogueiras están encendidas e os xogos preparados. Agora a comer e gozar.



4º reto matemático

A nosa aventura remata saíndo da illa. 
Pero necesitamos luz para iluminar o noso camino de volta a casa. Para creala temos que elaborar  lámpadas por parellas para colocar no noso barco.
Comenzamos a súa elaboración traballando con rectas paralelas e elaborando conos.
E así é como traballamos.






Moitas grazas a María, Nerea e Xoán pola vosa dedicación.








sábado, 2 de noviembre de 2019

Semana das bibliotecas escolares: "Bibliotecas con encanto"

BIBLIOTECAS CON ENCANTO

Para celebrar o día das Bibliotecas escolares (24 outubro) o Trasno Contacontos enviounos este vídeo das bibliotecas que percorreu durante as vacacións. 
Sabedes cal é a súa Biblioteca favorita?

domingo, 27 de octubre de 2019

Biblioteca Neira Vilas

Visitamos a biblioteca Neira Vilas .
Este ano faláronnos dás Olimpiadas e para que coñezades un pouco da súa historia e bo mirar este video.


A través de diferentes contos coñecimos a historia das Olimpiadas, tamen aprendimos o que fixeron as primeira mulleres para poder participar en elas así como os diferentes xogos que nelas se practican. Ao finalizar fixemos xogos moi devertidos.
gustonos moito







3º Reto matemático

Nesta ocasión Anxo, María y  Nerea nos propoñen facer vidrieras para o noso barco, pero...ollo a esas formas xeométricas que logo imos a comentar!!




sábado, 12 de octubre de 2019

Segundo reto matemático

E un novo reto chegou a nosa aula.
Tiñamos que construir un parque para poder divertirnos na nosa illa deserta, o material co que contamos son depresores de distinto tamaño e...a creatividade.


Ao rematar falamos dos ángulos que atopamos nas nosas construccións.







jueves, 26 de septiembre de 2019

Retos matemáticos có alumnado de maxisterio



O alumnado de maxisterio de Pontevedra chegou ás nosas aulas para xogar con nós e con as matemáticas, esta é a mostra do seu paso por 3º B.

viernes, 13 de septiembre de 2019

Banda de música de Bembrive.

Un ano máis a Banda de Música de Bembrive estivo con nós para ensinarnos parte do seu traballo, 
Cómo gozamos con esta visita!




 




martes, 25 de junio de 2019

PIRÁMIDE DE SIERPINSKI

Os nenos e nenas de 3º fixemos moitas moitas moitas fotos para conseguir este stop motion sobre a construción do triángulo de Sierpinski. Cada un dos nenos/as do cole fixemos un tetraedro para conseguir esta gran pirámide. Aprendimos sobre fractales, xeometría, potencias...Gracias Marta por propoñernos esta actividade que resultou tan interesante para nós e por adicarnos o teu tempo para que as matemáticas nos resulten máis divertidas!!
Esperamos que vos guste!

sábado, 8 de junio de 2019

Visita do alumnado do IES Carlos Casares

Coma todos os anos o alumnado viu na semana das letras galegas para contarnos cousas do seu traballo.
Este ano ao alumnado de cuarto curso contáronlles cousas do Bosco: obras, tipo de pintura, características dos seus cadros...

Preparando a Xanela

No cole xa estamos a preparar a xanela deste ano.
O alumnado de cuarto coopera con dúas seccións; a primeira , sobre curiosidades da prehistoria; e a segunda cunha selección de chistes curtos nos que estivemos a traballar na aula. 
As fotos que van a acompañar estas páxinas xa as temos!




lunes, 20 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Chega o 17 de maio, Día das Letras Galegas, data na que lembramos a un escritor ou escritora que escribiu na nosa lingua ou estivo vinculado a nosa cultura. Neste ano lembramos ao poeta de Manuel Freiría
Nós celebramos as Letras Galegas con moitas actividades: escribimos para a revista A Xanela, participamos no festival, no  sairemos a coñecer o entorno visitando muíños, para despois participar no acto conxunto de todo o colexio no Torreiro, en  Bembrive.
O RESULTADO DESTA SAÍDA O PODEMOS VER NESTAS FOTOS


Saída polo Torreiro 2019

 E este ano nós cantamos!




lunes, 6 de mayo de 2019

Mulleres olímpicas



Na nosa viaxe polo Olimpo quixemos facer unha homenaxe (para celebrar o Día internacional da muller)ás mulleres que abraiaron ao mundo cos seus éxitos deportivos nos xogos Olímpicos . Parabéns a todas elas e a todas as mulleres que no seu día a día son verdadeiras campionas. 

Visita ao Museo do Mar



A conquista do mundo submarino
A nosa visita ao Museo  foi para contemplar a evolución dalgúns dos métodos e técnicas empregados ao longo da historia para mergullarse, entre outras pezas móstranse traxes de mergullo e pezas como as que se empregaron para tentar recuperar os “tesouros” da Batalla de Rande.
Pero tamén visitamo o acuario e gustounos moito.




Unha hora de xogos

Coma todolos venres despois do tempo de lecer temos un tempo de xogos de mesa estes últimos acompañáronnos os nosos compañeiros e compañeiras de 6º. Con eles e elas os xogos son máis divertidos xa que supón un maior reto para nós. Gústanos que veñan.
Xa estiveron con nós Breixo, Manu, Iván , Nerea, Nico,Brais....temos fotos!










lunes, 29 de abril de 2019

Compartindo lecturas


As lecturas máis "inspiradoras"son as que se comparten. Para celebrar o "Día do libro",  os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º convertéronse en "padriños e madriñas lectores" do alumnado de E.I, de 1º e 2º. Esta actividade , ademais de fomentar o hábito lector axuda a mellorar a conexión entre o alumnado e a potenciar as relacións  positivas. Ao rematar a lectura intercambiaron os seus "marcapáxinas interactivos.

Día do libro 2019

Hoxe compartimos momentos de lectura cos nosos compis de 5 anos,nós somos os seus padriños e madriñas, deste xeito tan fermoso festexamos O Día do Libro.



La imagen puede contener: 26 personas, personas sonriendo, personas de pie


Se queres ver máis foto dalle ao enlace.

viernes, 12 de abril de 2019

OS DEUSES DO MONTE OLIMPO

Xa podes visitar o Monte Olimpo, fogar dos principais deuses da Grecia clásica, e descubrir moitos datos importantes sobre eles. Benvidos ao Olimpo!





viernes, 29 de marzo de 2019

Entroido 2019 en Chans


E chegou o Entroido, este ano coma non podía ser doutro xeito o disfraz xira en torno ao olimpo,e o alumnado de cuarto nos metimos na pel dos nosos deusoes Athenea y Eros, para o disfrace utilizamos unha saba , e os complementos  elaborámolos todos na  aula . Quedounos xenial!








domingo, 24 de marzo de 2019

psicoloxía positiva

Comezamos a semana compartindo a sesión de Psicoloxía positiva cos compis de 5 anos. 
Primeiro traballamos o control postural e a respiración. Continuamos traballando a concentración, mentres xogamos a pasarnos os bolos. Comezamos con un, despois dous e rematamos tendo que pasar 3 bolos xuntos empregando a pinza ( dedos índice e polgar). Pasamos os obxectos ao ritmo da música e cando esta se apagaba había que quedar como estatuas e despois cambiar de dirección. Rematamos a sesión traballando de novo a respiración. Hoxe acompañamos nos aos maiores👏


                                 
Se queres ver máis fotos dalle ao seguinte enlace

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=448862169184990&set=pcb.1155532777962698&type=3&ifg=1&__tn__=HH-R&eid=ARAgGeRPovHQadkcQDw1xLKi4Ws5MvSmy6mkD3jA7a6S7q0q7FxGxwd6g_xeAWG7AyfAe8yJg-JkY-Ao

miércoles, 20 de marzo de 2019

Polo meu aniversario superpoderes na sala Artika

O alumnado de Chans desde 3º ata 6º de primaria asistimos a sala Artika para ver unha obra titulada "Polo meu aniversario superpoderes"
Ethan, Fiona e William son tan diferentes entre si coma calquera pubescente. A única cousa que teñen en común é o seu aniversario. Van a facer trece anos e acaban de descubrir que os tres teñen superpoderes. Iso é algo xenial! Sempre se necesita a alguén que peotexa o mundo da escuridade dun malvado Señor Supremo que pretende converter o mundo enteiro en xeo.Eles e ela conseguiran salvarnos.

domingo, 17 de marzo de 2019

Psicoloxía positiva

Hoxe na nosa sesión de psicoloxía positiva, traballamos a respiraciòn e o control postural. 

Posteriormente, por parellas bailamos e imitamos aos nosos compañeiros e compañeiras. Comezamos danzando libremente enriba dos aros, cando a mùsica deixaba de soar un membro da parella facía unha postura e o outro imitàbaa. 
Ao comezar a mùsica volvìamos bailar e ao estar apagada cambio de turnos e repetìamos a actividade. Pasàmolo xenial. Àntes de regresar as nosas aulas respiramos por parellas e fixèmonos masaxes na cara.