domingo, 24 de marzo de 2019

psicoloxía positiva

Comezamos a semana compartindo a sesión de Psicoloxía positiva cos compis de 5 anos. 
Primeiro traballamos o control postural e a respiración. Continuamos traballando a concentración, mentres xogamos a pasarnos os bolos. Comezamos con un, despois dous e rematamos tendo que pasar 3 bolos xuntos empregando a pinza ( dedos índice e polgar). Pasamos os obxectos ao ritmo da música e cando esta se apagaba había que quedar como estatuas e despois cambiar de dirección. Rematamos a sesión traballando de novo a respiración. Hoxe acompañamos nos aos maiores👏


                                 
Se queres ver máis fotos dalle ao seguinte enlace

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=448862169184990&set=pcb.1155532777962698&type=3&ifg=1&__tn__=HH-R&eid=ARAgGeRPovHQadkcQDw1xLKi4Ws5MvSmy6mkD3jA7a6S7q0q7FxGxwd6g_xeAWG7AyfAe8yJg-JkY-Ao

No hay comentarios:

Publicar un comentario