lunes, 4 de mayo de 2020

Os nenos e nenas de 3º homenaxean á lectura co gallo do DÍA DO LIBRO


Noraboa pola vosa aportación, ao Trasno Contacontos vaille gustar!

domingo, 26 de abril de 2020

Lecturas e outros imprescindibles en tempos de confinamento.

Con todas as fotos e vídeos que lle enviastes, o Trasno Contacontos fixo este vídeo para conmemorar un Día do Libro tan especial. 
Moitas grazas a todos e todas! Esperamos que vos guste!

domingo, 29 de marzo de 2020

    💪💪💪💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💪💪💪

miércoles, 18 de marzo de 2020

Un chiste

Aquí tedes unha páxina dun TBO da rúa do percebe nº 13, le os bocadillos, observa ás imaxes e se non o entendes coméntao coa túa familia.
Apertas a tod@s das vosas titoras.

sábado, 14 de marzo de 2020

Aureas en Chans

En  homenaxe ás mulleres este ano no noso cole recibimos ao grupo Aureas. Aureas é un grupo musical formado por 5 mulleres músicas que representan, na ficción, a 5 mulleres migrantes que se coñecen nun barco e deciden formar un Conxunto  Internacional.
Aureas está ambientada nos anos 20 e sorprenden cos ritmos bailables de moda no século pasado.
O nome do grupo é unha homenaxe a Aurea Rodriguez : A raíña da gaita, unha muller pioneira e valente que destaca nun mundo reservado para os homes.






Encantóunos!!

jueves, 20 de febrero de 2020

O albúm ilustrado


O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras

O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.

O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar. 

O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.

O alumnado de terceiro gozou e aprendeu moito nesta sesión.

Grazas compañeiros e compañeiras.






Dalle a foto e poderás escoitar o conto