jueves, 20 de febrero de 2020

O albúm ilustrado


O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras

O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.

O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar. 

O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.

O alumnado de terceiro gozou e aprendeu moito nesta sesión.

Grazas compañeiros e compañeiras.






Dalle a foto e poderás escoitar o conto

No hay comentarios:

Publicar un comentario