Os alumnos e alumnas de 3º celebramos o DÍA DA ÁRBORE o 21 de marzo, xusto coa chegaba da primavera. Participamos nunha plantación na zona do Pouso, nos montes da Entidade Menor de Bembrive, que aportou as plantas autóctonas (carballos e castiñeiros) e organizou a actividade xunto cos axentes forestais. Primeiro tivemos unha charla informativa sobre a importancia dos bosques, a necesidade de coidalos e a diversidade de seres vivos que neles habitan.
Logo dirixímonos camiñando ata o Pouso acompañados por axentes forestais, observando a vexetación existente na zona, xa que é o tema que estamos a estudar no proxecto Achégate a Bembrive. Todos amosamos interese pola actividade e participamos activamente na plantación asesorados polos axentes forestais. Pasámolo moi ben, coñecemos un pouco mellor o noso monte, tivemos agasallos e ... xa pensamos en saír outra vez!
No hay comentarios:
Publicar un comentario