Os alumnos e alumnas de 3º e 4º, dentro do programa de actividades para escolares de Novacaixagalicia, fomos ao teatro para ver a montaxe O Forno de Flordelís, da compañía Elefante Elegante.
A obra, dirixida a alumnos de 2º ciclo de Primaria coma nós, é unha comedia sobre a sociedade de consumo dos nosos días e que nos convida a reflexionar sobre a forma na que estamos vivindo a nosa vida en sociedade, a forma na que estamos empregando os recursos naturais e o destino que lles reservamos.
A historia transcurre na aldea de Flordelís, onde se vive en plena harmonía. Os habitantes do pobo reúnense ao redor do forno para amasar e cocer un gran pan que será compartido por todos. Mais un día, Madame Lisette, a comerciante, ten a idea de facer un pan só para ela... e por riba... con azucre! Os tempos pracenteiros e a vida comunitaria van cambiando e os personaxes tórnanse cada vez máis individualistas. As vertixinosas ansias de comer lévaos ata un punto en que só quedan dúas posibilidades: parar ou o forno rebentará.
Elefante Elegante aborda esta temática a través do riso, do xesto e da música belga da Valonia en directo.
A obra pareceunos interesante pola súa temática, resultounos moi entretida e pasámolo moi ben.

No hay comentarios:
Publicar un comentario