jueves, 22 de marzo de 2018

CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC



                CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC

O Luns 16 de Abril, Manu, todo un experto en cómics e alumno de 6ºA deste centro, sorprendeunos cos seus coñecementos sobre o mundo do cómic.
A conferencia tivo lugar na aula de 3ºB e logo rematou na biblioteca do cole, onde nos presentou os andeis onde están os cómics.
Falounos de todo tipo de cómics: de humor, de superherois, de aventuras…mesmo dos manga xaponeses que se len do revés.
Díxonos que hai cómics para todas as idades, mesmo para os adultos, e por iso hai que ver ben se son axeitados para nós. Recomendounos: os de Mortadelo e Filemón, os de Asterix e Obelix, Zipi e Zape, Snoopy, Tin Tin, Lucky Lucke, Scooby-Doo, Marsupilami e os de superhéroes como: Superman, Batman. Spiderman…e algún en galego como Os Cinco narradores de Bagdad. Algúns deste últimos chegaron á gran pantalla!
Tamén nos dixo que ademais de en bibliochans, podemos atopar cómics nas bibliotecas municipais e mesmo nalgunhas web especializadas.


Para rematar a actividade trouxemos moitos cómics para nosa aula, e estamos a lelos con moitas gañas na hora de ler.
Moi interesante descubrir o mundo do cómic grazas a este experto que nos deixou abraiados e entusiasmados.





Bravo Manu! Eres todo un experto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario