miércoles, 7 de marzo de 2018

Unha visita do máis científica.



Unha visita do máis científica.
O xoves 22 de marzo viu facernos unha visita ao noso cole unha bióloga, investigadora do CSIC, chamada Ana Cao.
O CSIC é o Consello Superior de Investigacións Científicas, é o maior e máis importante organismo público de investigación en España, o terceiro de Europa e o sétimo do mundo.
Creouse en 1939, sobre a base da Junta para a Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas (JAE).
O seu obxectivo é desenvolver e promover investigacións en beneficio do progreso científico e tecnolóxico.
Ten a súa organización central en Madrid e conta con centros de investigación en todas as Comunidades Autónomas e delegacións en: Andalucía, Aragón, Canarias, Castilla-León, Cataluña, Galicia, Madrid, Valencia, Roma e Bruxelas.
Ana, falounos do traballo que está a facer sobre as plantas e o medio no que se atopan.
Falounos de fungos, insectos , plantas, árbores e a relación, positiva e negativa, que tiñan .
Comentounos que algún fungo pode chegar a ser positivo para o ser humano como por exemplo o antibiótico, e outros, poden ser bos para a alimentación, por exemplo, no iogur.
Tamén falounos da relación que tiñan as formigas e os pulgóns e como se axudaban entre si:
A formiga protexe ao pulgón a cambio de comida .
Ana trouxo lupas e dous microscopios cos que puidemos ver larvas e insectos que atacan as plantas de millo e tamén bacterias que tiñan as plantas.
A verdade foi que esta experiencia gustounos moitísimo, estivemos como verdadeiros científicos e científicas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario