Naturnova é un Centro Interactivo de Educación Ambiental, situado en Vigo.Nos o visitamos para coñecer as curiosidades do Universo, do noso planeta e do medio que nos rodea foi dun xeito lúdico, dinámico e gustounos un montón.
Páxinas
- INICIO
- INDICE
- CIENCIAS SOCIAIS 3º
- Naturais 3º primaria
- Operar con ABN
- Lengua 3º primaria
- MATE
- LENGUA 4º PRIMARIA
- LINGUA
- Naturais 4º
- Sociais 4º
- IMAXES
- RECURSOS
- Medio ambiente
- RESPIRA!!!!!! yoga,coreografías e mindfulness para facer na casa
- Ideas para facer na casa
- Matemáticas 3º de primaria
- Ciencia en casa.
- Lingua 3º primaria
- Informática
- NEURONAS EN ACCIÓN
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
lunes, 9 de diciembre de 2019
domingo, 27 de octubre de 2019
Biblioteca Neira Vilas
Visitamos a biblioteca Neira Vilas .
Este ano faláronnos dás Olimpiadas e para que coñezades un pouco da súa historia e bo mirar este video.
Este ano faláronnos dás Olimpiadas e para que coñezades un pouco da súa historia e bo mirar este video.
A través de diferentes contos coñecimos a historia das Olimpiadas, tamen aprendimos o que fixeron as primeira mulleres para poder participar en elas así como os diferentes xogos que nelas se practican. Ao finalizar fixemos xogos moi devertidos.
gustonos moito
miércoles, 20 de marzo de 2019
Polo meu aniversario superpoderes na sala Artika
O alumnado de Chans desde 3º ata 6º de primaria asistimos a sala Artika para ver unha obra titulada "Polo meu aniversario superpoderes"
Ethan, Fiona e William son tan diferentes entre si coma calquera pubescente. A única cousa que teñen en común é o seu aniversario. Van a facer trece anos e acaban de descubrir que os tres teñen superpoderes. Iso é algo xenial! Sempre se necesita a alguén que peotexa o mundo da escuridade dun malvado Señor Supremo que pretende converter o mundo enteiro en xeo.Eles e ela conseguiran salvarnos.
Ethan, Fiona e William son tan diferentes entre si coma calquera pubescente. A única cousa que teñen en común é o seu aniversario. Van a facer trece anos e acaban de descubrir que os tres teñen superpoderes. Iso é algo xenial! Sempre se necesita a alguén que peotexa o mundo da escuridade dun malvado Señor Supremo que pretende converter o mundo enteiro en xeo.Eles e ela conseguiran salvarnos.
lunes, 23 de abril de 2018
Día das bibliotecas escolares
Este ano fixemos apadriñamentos e amadriñamentos lectores no colexio.
O alumnado de 3ºA asumiron o compromiso de ler ao alumnado de 4 anos e o de 3ºB ao alumnado de 5 anos.
Así que na hora de ler exercimos o compromiso no parque de Chans. Foi unha experiencia preciosa.
viernes, 2 de febrero de 2018
martes, 21 de noviembre de 2017
Rubicundo

Rubicundo Trata dunha nena chamada Erea que espía ao seu veciño, Rubicundo.
Todas as noites Rubicundo saía na súa bicicleta e ela quería saber a onde iba.Un día cando estaba na cafeteríado seu amigo Darío, chegou o seu veciño Rubicundo,ela decidiu preguntarlle onde ibatodas as noites coa súa bicicleta, pero el non o contou porque era un segredo.
Erea o convence decíndolle que ela garda moi ben os segredos. Entón el cóntalle que é cosedor de ventos,cose os ventos con agullas de cristal e fío de polbo de estrelas.
Rubicundo como xa era moi vello xa non tiña moitos amigos , por iso estaba triste.
Un día que fixo moito vento e a Rubicundo doíalle moito as costas Nerea decidiu ir ela mesma a caser os ventos, Rubicundo dille que teña coidado que non a tire a bicicleta.E desde entón Rubicundo traballa na cafetería e Erea vai coser os ventos e Darío faise actor.
Escrito por Ángela 3ºA


viernes, 16 de mayo de 2014
VISITA A UN MUÍÑO E UNHA FORXA
Dentro da Semana da celebración das
Letras Galegas, na saída á contorna previa ao acto que celebramos no Torreiro, o
14 de maio os alumnos/as de 4º visitamos o muíño da Pedrosa e a forxa do
ferreiro, o señor Miro, avó dos nosos
compañeiros Rubén de 2º e Bruno de 3º.
No muíño da Pedrosa explicáronnos como
funcionaba, que utilizaba unha enerxía renovable como é a forza da auga
procedente do rio Eifonso.
Na visita á forxa, xunto ao seu
domicilio, recibíronnos amosándonos unha exposición cos traballos que fai co
ferro. Pasamos logo a forxa onde vimos como quentaba o ferro para moldealo
golpeándoo. Algúns compañeiros e compañeiras puidemos probar que non é moi
doado.
Ensinounos tamén como facía os
mangos para as fouciñas e quedamos abraiados do fácil que resultaba para el
facelos no torno, resultado dos moitos anos de traballo.
Tamén nos mostrou como facía o corte
das fouciñas, demostrando unha vez máis a habilidade adquirida coas horas de
traballo dedicadas ao seu oficio. Nós tamén probamos pero comprobamos que era
moi difícil … seguramente porque era a primeira vez que o intentabamos.
Foi unha lección moi interesante
para todos nós porque nos permitiu coñecer o traballo dun oficio moi antigo dos
que xa quedan poucas persoas que o fagan. Moitas grazas por recibirnos e pola
amabilidade mostrada durante a visita.
RESULTOU MOI INTERESANTE !
jueves, 10 de abril de 2014
O ALUMNADO DE 4º EN AQUALIA
Os alumnos e alumnas de 4º visitamos o día 8 de abril a ESTACIÓN DE
TRATAMENTO DE AUGA POTABLE (ETAP) situada na rúa Cantabria, na zona de San Xoán
do Monte.
Recibiunos e acompañounos ao longo da visita Valle, nai dos nosos compañeiros
Ángel de Infantil e Andrés de segundo , que amablemente nos explicou o proceso
de tratamento da auga.

Primeiro asistimos a proxección dun vídeo informativo das actividades de
Aqualia, pasando logo a facer un percorrido polas instalacións da ETAP. Vimos
como chega a auga ás instalacións a través do túnel da Madroa procedentes da
presa de Eiras, no río Oitavén.
Logo explicounos o proceso de tratamentos e operacións aos que se somete a
auga para a súa potabilización:
- Precloración na arqueta de entrada.
- Decantación de sólidos en suspensión
no decantador.
- Filtración a través dos filtros de
area.
- Postcloración con cloro gas para
conseguir o cloro esixido na auga.
- Almacenamento e posterior
distribución.
Máis tarde levounos a unha sala onde espertou a nosa curiosidade polas moitas
pezas e aparatos que alí había, e a nosa guía respondeu as nosas preguntas, que
foron moitas, con explicacións moi detalladas.
Finalmente rematamos a visita de
forma doce xa que Valle agasallounos cuns caramelos.
FOI UNHA SAÍDA MOI INTERESANTE, GRAZAS A NOSA GUÍA!
jueves, 27 de marzo de 2014
Visita do alumnado de 4º a ANFACO
Os
alumnos e alumnas de 4º visitamos o MUSEO ANFACO da industria conserveira, os
de 4º A o día 24 de marzo e os de 4º B ao día seguinte.
Coa
visita fixemos un percorrido a través do tempo xa que vimos dende as primeiras
latas ata os modernos envases que se empregan na actualidade. Observamos tamén
distintos utensilios e aparellos utilizados para abrir as latas, poñerlles a
tapa, esterilizalas ...
Por medio
de distintos paneis amosáronnos a evolución dos traballos nas conserveiras e
contemplamos a maqueta dunha fábrica e distinto material relacionado coa
industria das conservas.
Lembráronnos
tamén que as conservas son alimentos saudables xa que non conteñen conservantes
e están elaboradas con produtos naturais, e para probalas fixéronnos un
agasallo dunhas latas de atún claro.
domingo, 12 de enero de 2014
Visita ao Castro de Vigo do alumnado de 4º
O mércores, 27 de novembro, o alumnado
de 4º de Primaria visitamos o xacemento
arqueolóxico do Castro de Vigo, no monte do Castro, no centro da cidade.
Recibiunos Rubén, o arqueólogo, e diante
da maqueta do castro explicounos moitas cousas do poboado e satisfixo a nosa
curiosidade respondendo a todas as nosas preguntas, que foron moitas.
Díxonos que os restos escavados forman
parte dun gran poboado castrexo que estivo habitado entre os séculos III a.C. e
III d.C.
Contounos que vivían da agricultura, da
gandería, da recolección de produtos vexetais e dos recursos mariños.
Ensinounos os restos arqueolóxicos reais
formados por restos de casas e vimos as réplicas ou recreacións de distintos
tipos de vivendas, segundo o uso, ambientadas no século I d.C., fai uns 2.000
anos. Foi o que máis nos gustou e permitiunos imaxinarnos como vivían naquela
época.
Merendamos na antiga fortaleza militar,
hoxe parque infantil, e gozamos das marabillosas vistas sobre a ría: Rande, a
Guía, as Cíes, Toralla ...
FOI UNHA SAÍDA XENIAL !!!
Os de 3º en ANFACO
Os alumnos e
alumnas de 3º fixemos una visita ao museo de conservas ANFACO.
Foi unha visita
moi interesante na que nos ensinaron:
- As máquinas empregadas nas fábricas de conservas, das máis antigas ás máis modernas.
- Aparellos empregados para abrir as latas a través do tempo, dende o primeiro abrefácil.
- Fotografías e paneis de distintas conserveiras.
Tamén nos explicaron que as conservas son moi boas para a nosa saúde xa que
están feitas con produtos naturais excelentes e sen conservantes.
Ademais regaláronnos unha lata de mexillóns a cada un.
ESTABAN
BOÍSIMOS !!!
sábado, 1 de junio de 2013
Correlingua 2013
O alumnado do 1º e 2º ciclo participamos no Correlingua 2013 o martes 15 de maio. Baixo o lema O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO, saímos ás 11 da mañá da Praza do Rei para chegar ao Parque de Castrelos despois dunha hora camiñando pola nosa lingua.
Ao chegar merendamos para repoñer forzas, escoitamos as actuacións e bailamos ao son da música de varios grupos participantes. Moito ritmo!
miércoles, 24 de abril de 2013
Descubrindo o noso patrimonio inmaterial
O mércores, 24 de
abril, o alumnado do segundo ciclo asistimos no Centro Cultural de
Novacaixagalicia á actividade didáctico-musical NA PERCURA DO TESOURO,
espectáculo presentado pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra.
Xurxo, o
protagonista da historia, non cría nas
lendas, quere conseguir o tesouro agochado na cova e pensaba que os debuxos nas
pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro.
A través das
probas que tivo que ir superando, coa nosa axuda, descúbrenos e achéganos ao
noso partimonio inmaterial: lendas, cantigas, refráns, pezas e instrumentos
musicais e as sensacións e sentimentos que producen en nós.
Foi moi
entretida, estivemos moi atentos e as profes déronnos parabéns polo bo
comportamento que amosamos.
viernes, 19 de abril de 2013
Visitamos o Museo do Mar
O día 17 de abril
os nenos e nenas de 3º visitamos o Museo
do Mar de Vigo. Alí fixemos dous
obradoiros, uns estivemos no obradoiro de aparellos de pesca e outros fomos ao
obradoiro da conquista do espazo mariño.
No primeiro
coñecemos as distintas embarcacións e aparellos e artes de pesca, dende os
tempos máis antigos ata agora.
No segundo
obradoiro vimos os aparellos e traxes de submarinismo e inmersión, dende os
primeiros ata os nosos días, e admiramos o primeiro submarino artellado por
Sanxurxo Badía.
Pero o que máis
nos gustou a todos, sen dúbida, foi o acuario. Nel vimos unha morea de peixes
propios das nosas costas e aprendemos moitas curiosidades.
A verdade é que
estivemos moi atentos porque foi moi interesante e os monitores explicáronnos
todo moi ben.
Quedamos moi
contentos e recomendamos que vaiades a visitalo.
miércoles, 20 de marzo de 2013
Fomos ao teatro
O día 20 de febreiro fomos ao teatro de
Novacaixagalicia. Estivemos todo o ciclo: os dous cuartos e os dous terceiros.
A obra de teatro titulábase “Malas palabras”.
Na obra só
aparecía unha actriz que interpretaba a unha nena de dez anos que descubre por
casualidade que é unha adoptada. Ao principio enfádase moito cos seus pais pero
despois entende que, o que é verdadeiramente importante, é que os seus pais
quérena moito e ela a eles.
É unha obra enxeñosa
porque aínda que non aparecen máis actores nin actrices, hai outros personaxes
representados por obxectos, de súpeto un un floreiro, un libro, un pano … toman
vida coa voz e a interpretación da actriz.
É unha obra para
pensar nos pais e nos sentimentos.
Gustounos saír ao
teatro porque é unha actividade que poucas veces podemos facer e gozar.
miércoles, 30 de enero de 2013
Na Biblioteca Neira Vilas
O día 29 de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º fomos a biblioteca Neira Vilas. Alí a bibliotecaria Noelia, moi atenta, explicounos como se organizan os libros, o significado das letras e números que aparecen nas etiquetas dos libros e o significado das distintas cores.
Logo fixemos unha actividade, moi lúdica e interesante, buscando libros agochados polas distintas seccións da biblioteca. Asi aprendemos a forma de buscar e atopar libros para informarnos.
Gustounos moito a visita e xa pensamos en volver axiña para estrear o noso carné e coller algúns dos interesantes libros que alí vimos.
miércoles, 19 de diciembre de 2012
lunes, 28 de mayo de 2012
Entrenando co Clube AMFIV
Como se ven facendo nos cursos anteriores, os alumnos/as de 4º fomos ao Pavillón do Carme nas Travesas, o día 18 de abril, para vivir a experiencia do baloncesto en cadeira de rodas.
É un deporte minoritario onde o Clube AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo) con moito traballo e sacrificio lograron, fai anos, facer un equipo que está na élite do baloncesto en cadeira de rodas, a nivel nacional e internacional.
Nesta sesión poidemos comprobar na realidade o difícil que é este deporte e, ao mesmo tempo, o espectacular que pode chegar a ser nos partidos oficiais. Aprendemos as regras particulares que ten este deporte, interesámonos por distintos aspectos do xogo e decatámonos de que aínda que se teña unha deficiencia física, sempre haberá algún deporte que poidamos practicar.
jueves, 26 de enero de 2012
Biblioteca Neira Vilas
O mércores, día 14 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º A e 4º B visitamos a Biblioteca Neira Vilas de Vigo.
Alí, a bibliotecaria, que se chama Noelia ensinounos todo. É moi grande e non só hai libros, ten un espazo para ler os xornais, outro con ordenadores para buscar información en Internet, outro recuncho ten CDs e DVDs con películas e incluso hai consolas para xogar. Que sorte!
Díxonos que había uns 9.000 libros para tódalas idades e de tódolos temas imaxinables.
Coa súa axuda fixemos un xogo para descubrir uns libros cos que podíamos completar o diario de Cristovo Colón, Foi moi divertido e interesante!
Estamos desexando volver! Moitos xa somos socios. E ti?
domingo, 3 de abril de 2011
Saída Capela de S. Cibrán - Pouso
Os alumnos e alumnas de 3º estamos a traballar, dentro do proxecto Achégate a Bembrive, sobre a capela de S. Cibarán (3º A) e o Pouso (3º B). Os primeiros traballos que fixemos foron as follas do almanaque do 2011. Os de 3º A debuxamos a capela na folla do mes de decembro e os de 3º B encargámonos da folla de xullo cun debuxo do Pouso.
Agora traballamos noutras actividades nas que estamos a recoller información sobre os dous lugares. Non podía faltar unha visita para velos con detemento e así o fixemos. Agora xa os coñecemos un pouco mellor ... pero aínda queremos saber algunha cousa máis sobre os mesmos. Estamos a traballar!
S. Cibrán - Pouso on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















