Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de noviembre de 2019

Gaia

Hoxe o alumnado de 3º e 4º fomos ao teatro a ver a obra: GAIA.

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza achégannos coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa. Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. 
A importancia da interacción entre as persoas e a natureza é a clave desta obra.