Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de abril de 2020

Lecturas e outros imprescindibles en tempos de confinamento.

Con todas as fotos e vídeos que lle enviastes, o Trasno Contacontos fixo este vídeo para conmemorar un Día do Libro tan especial. 
Moitas grazas a todos e todas! Esperamos que vos guste!

jueves, 20 de febrero de 2020

O albúm ilustrado


O álbum ilustrado. Unha imaxe vale máis que mil palabras

O día 30 de xaneiro tamén se celebrou o día da Ilustración. Como queriamos restarlle importancia a ningunha conmemoración por condidir no tempo, decidimos esperar e celebralo unha semana máis tarde. Pareceunos que a maior expresión da ilustración aparece reflectida nos álbumes ilustrados, polo que decidimos facerlle unha homenaxe.

O Trasno Contacontos enviou invitacións a todas as aulas para visitar unha exposición de Álbumes Ilustrados na biblioteca. Ainda que as profes do equipo de biblioteca xa tiñan escollidos varios títulos dos nosos andeis, o Trasno sorprendeunos traendo outros moitos novos que encheron unha exposición chea de libros de calidade que paga a pena visitar. 

O alumnado colaborador da biblioteca de 4º de Primaria, ademais, decidiu preparar unha presentación sobre o álbum ilustrado e facer un contacontos para todas as aulas que estivesen interesadas en gozar deste xénero que cada vez está máis extendido.

O alumnado de terceiro gozou e aprendeu moito nesta sesión.

Grazas compañeiros e compañeiras.






Dalle a foto e poderás escoitar o conto

sábado, 2 de noviembre de 2019

Semana das bibliotecas escolares: "Bibliotecas con encanto"

BIBLIOTECAS CON ENCANTO

Para celebrar o día das Bibliotecas escolares (24 outubro) o Trasno Contacontos enviounos este vídeo das bibliotecas que percorreu durante as vacacións. 
Sabedes cal é a súa Biblioteca favorita?

lunes, 29 de abril de 2019

Compartindo lecturas


As lecturas máis "inspiradoras"son as que se comparten. Para celebrar o "Día do libro",  os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º convertéronse en "padriños e madriñas lectores" do alumnado de E.I, de 1º e 2º. Esta actividade , ademais de fomentar o hábito lector axuda a mellorar a conexión entre o alumnado e a potenciar as relacións  positivas. Ao rematar a lectura intercambiaron os seus "marcapáxinas interactivos.

miércoles, 16 de enero de 2019

Escaperoom : Desafiando ao oráculo

 O Trasno Contacontos deixounos unha mensaxe, tiñamos que descifrar unhas pistas para non transformarnos en ... PEDRA!!!
 Atopamos a chave na biblioteca dentro dun cofre custodiado por Medusa a responsable do  maleficio. Unha  misión delicada para a que tiñamos soamente 30 mn. senon quedaríamos  pechados  e convertiríamonos en estatuas de pedra.






 Ao finalizar obtivemos as pezas dun crebacabezas, o levamos a nosa clase e o montamos. Agora temos que empezar a investigar sobre o obtido.
Este é o crebacabezas de 4ºA




Este o de 4ºB.



Este o de 3ºA