domingo, 22 de octubre de 2017

Visita Neira Vilas


Este ano como é habitual fixemos unha visita a biblioteca Neira Vilas, onde contáronnos contos, limos e recollimos os nosos carnets.




    

                   

                  

miércoles, 18 de octubre de 2017

Mediadores

O  alumnado de 6º visitounos para explicarnos como era iso dos "mediadores" estivemos moi atentos e agora xa sabemos como temos que actúar no recreo cando existan conflictos.

MOITAS GRAZAS.


jueves, 28 de septiembre de 2017

A Banda de Bembrive no cole


Coma tódolos anos en setembro ven a visitarnos a banda de Bembrive, a ela pertencen alguns e algunhas excompis .
Fixéronnos unha exibición de pezas musicais,e presentáronnos os seus instrumentos. Encantounos!
Algúns e algunhas queremos apuntarnos xa!


viernes, 16 de mayo de 2014

VISITA A UN MUÍÑO E UNHA FORXA

Dentro da Semana da celebración das Letras Galegas, na saída á contorna previa ao acto que celebramos no Torreiro, o 14 de maio os alumnos/as de 4º visitamos o muíño da Pedrosa e a forxa do ferreiro,  o señor Miro, avó dos nosos compañeiros Rubén de 2º e Bruno de 3º.

No muíño da Pedrosa explicáronnos como funcionaba, que utilizaba unha enerxía renovable como é a forza da auga procedente do rio Eifonso.

Na visita á forxa, xunto ao seu domicilio, recibíronnos amosándonos unha exposición cos traballos que fai co ferro. Pasamos logo a forxa onde vimos como quentaba o ferro para moldealo golpeándoo. Algúns compañeiros e compañeiras puidemos probar que non é moi doado.

Ensinounos tamén como facía os mangos para as fouciñas e quedamos abraiados do fácil que resultaba para el facelos no torno, resultado dos moitos anos de traballo.
Tamén nos mostrou como facía o corte das fouciñas, demostrando unha vez máis a habilidade adquirida coas horas de traballo dedicadas ao seu oficio. Nós tamén probamos pero comprobamos que era moi difícil … seguramente porque era a primeira vez que o intentabamos.

Foi unha lección moi interesante para todos nós porque nos permitiu coñecer o traballo dun oficio moi antigo dos que xa quedan poucas persoas que o fagan. Moitas grazas por recibirnos e pola amabilidade mostrada durante a visita.

RESULTOU MOI INTERESANTE !

sábado, 12 de abril de 2014

OS DE 4º ADESTRANDO CO AMFIV

Como se ven facendo nos  últimos cursos o alumnado de 4º vive a experiencia do baloncesto en cadeira de rodas, e neste curso fixémolo o día 10 de abril no Pavillón de Bouzas.

É un deporte minoritario onde o Clube AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo) con moito traballo e sacrificio lograron, fai anos, facer un equipo que está na élite do baloncesto en cadeira de rodas, a nivel nacional e internacional.

Nesta sesión puidemos comprobar adestrando con eles o difícil que é este deporte e,  ao mesmo tempo, o espectacular que pode chegar a ser despois adestrar como fan eles.

Despois de presentarse os xogadores aprendemos as regras particulares que ten este deporte, interesámonos por distintos aspectos do xogo e continuación fixemos distintos movementos para controlar a cadeira de rodas conxuntamente co balón. Que difícil ao principio! Logo fixemos unha serie de partidiños moi competidos.

O mellor de todo foi que nos decatamos de que aínda que se teña unha deficiencia física, sempre haberá algún deporte que poidamos practicar, con esforzo e capacidade de superación.


FOI UNHA FERMOSA LECCIÓN !

jueves, 10 de abril de 2014

O ALUMNADO DE 4º EN AQUALIA

Os alumnos e alumnas de 4º visitamos o día 8 de abril a ESTACIÓN DE TRATAMENTO DE AUGA POTABLE (ETAP) situada na rúa Cantabria, na zona de San Xoán do Monte.
Recibiunos e acompañounos ao longo da visita Valle, nai dos nosos compañeiros Ángel de Infantil e Andrés de segundo , que amablemente nos explicou o proceso de tratamento da auga.
Primeiro asistimos a proxección dun vídeo informativo das actividades de Aqualia, pasando logo a facer un percorrido polas instalacións da ETAP. Vimos como chega a auga ás instalacións a través do túnel da Madroa procedentes da presa de Eiras, no río Oitavén.
Logo explicounos o proceso de tratamentos e operacións aos que se somete a auga para a súa potabilización:
  • Precloración na arqueta de entrada.
  • Decantación de sólidos en suspensión no decantador.
  • Filtración a través dos filtros de area.
  • Postcloración con cloro gas para conseguir o cloro esixido na auga.
  • Almacenamento e posterior distribución.
Máis tarde levounos a unha sala onde espertou a nosa curiosidade polas moitas pezas e aparatos que alí había, e a nosa guía respondeu as nosas preguntas, que foron moitas, con explicacións moi detalladas.
Finalmente rematamos a visita  de forma doce xa que Valle agasallounos cuns caramelos.

FOI UNHA SAÍDA MOI INTERESANTE, GRAZAS A NOSA GUÍA!