Este é o noso ensaio para o festival. Vai acompañado das nosas fotos, fotos nas que estamos na nosa TERRA.
Páxinas
- INICIO
- INDICE
- CIENCIAS SOCIAIS 3º
- Naturais 3º primaria
- Operar con ABN
- Lengua 3º primaria
- MATE
- LENGUA 4º PRIMARIA
- LINGUA
- Naturais 4º
- Sociais 4º
- IMAXES
- RECURSOS
- Medio ambiente
- RESPIRA!!!!!! yoga,coreografías e mindfulness para facer na casa
- Ideas para facer na casa
- Matemáticas 3º de primaria
- Ciencia en casa.
- Lingua 3º primaria
- Informática
- NEURONAS EN ACCIÓN
martes, 22 de mayo de 2018
lunes, 21 de mayo de 2018
Festival das letras galegas
O mércores 16 de maio celebrouse o festival das letras galegas no colexio.
O alumnado de 3º puxo o seu gran de area coa canción Terra dos de Dakidarría, unha canción que fala da nosa lingua. Unha lingua para escoitar, aprender e compartir.
O alumnado de 3º puxo o seu gran de area coa canción Terra dos de Dakidarría, unha canción que fala da nosa lingua. Unha lingua para escoitar, aprender e compartir.
lunes, 23 de abril de 2018
Día das bibliotecas escolares
Este ano fixemos apadriñamentos e amadriñamentos lectores no colexio.
O alumnado de 3ºA asumiron o compromiso de ler ao alumnado de 4 anos e o de 3ºB ao alumnado de 5 anos.
Así que na hora de ler exercimos o compromiso no parque de Chans. Foi unha experiencia preciosa.
jueves, 22 de marzo de 2018
CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC
CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC
O Luns 16 de Abril, Manu, todo un
experto en cómics e alumno de 6ºA deste centro, sorprendeunos cos seus
coñecementos sobre o mundo do cómic.
A conferencia tivo lugar na aula
de 3ºB e logo rematou na biblioteca do cole, onde nos presentou os andeis onde
están os cómics.
Falounos de todo tipo de cómics:
de humor, de superherois, de aventuras…mesmo dos manga xaponeses que se len do
revés.
Díxonos que hai cómics para todas
as idades, mesmo para os adultos, e por iso hai que ver ben se son axeitados
para nós. Recomendounos: os de Mortadelo e Filemón, os de Asterix e Obelix,
Zipi e Zape, Snoopy, Tin Tin, Lucky Lucke, Scooby-Doo, Marsupilami e os de superhéroes
como: Superman, Batman. Spiderman…e algún en galego como Os Cinco narradores de
Bagdad. Algúns deste últimos chegaron á gran pantalla!
Tamén nos dixo que ademais de en
bibliochans, podemos atopar cómics nas bibliotecas municipais e mesmo nalgunhas
web especializadas.
Para rematar a actividade
trouxemos moitos cómics para nosa aula, e estamos a lelos con moitas gañas na
hora de ler.
Moi interesante descubrir o mundo
do cómic grazas a este experto que nos deixou abraiados e entusiasmados.
Bravo Manu! Eres todo un experto!
miércoles, 7 de marzo de 2018
Unha visita do máis científica.
Unha visita do máis científica.
O xoves 22 de marzo viu facernos unha visita ao noso cole unha bióloga, investigadora do CSIC, chamada Ana Cao.
O CSIC é o Consello Superior de Investigacións Científicas, é o maior e máis importante organismo público de investigación en España, o terceiro de Europa e o sétimo do mundo.
Creouse en 1939, sobre a base da Junta para a Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas (JAE).
O seu obxectivo é desenvolver e promover investigacións en beneficio do progreso científico e tecnolóxico.
Ten a súa organización central en Madrid e conta con centros de investigación en todas as Comunidades Autónomas e delegacións en: Andalucía, Aragón, Canarias, Castilla-León, Cataluña, Galicia, Madrid, Valencia, Roma e Bruxelas.
Ana, falounos do traballo que está a facer sobre as plantas e o medio no que se atopan.
Falounos de fungos, insectos , plantas, árbores e a relación, positiva e negativa, que tiñan .
Comentounos que algún fungo pode chegar a ser positivo para o ser humano como por exemplo o antibiótico, e outros, poden ser bos para a alimentación, por exemplo, no iogur.
Tamén falounos da relación que tiñan as formigas e os pulgóns e como se axudaban entre si:
A formiga protexe ao pulgón a cambio de comida .
Ana trouxo lupas e dous microscopios cos que puidemos ver larvas e insectos que atacan as plantas de millo e tamén bacterias que tiñan as plantas.
A verdade foi que esta experiencia gustounos moitísimo, estivemos como verdadeiros científicos e científicas.
jueves, 22 de febrero de 2018
O noso primeiro musical
O mago de Hoz.
Dorothy vivía na aburrida Kansas coa súa Tía Emma e os seus amigos Hunk, Leo e Oliver ata que, de súpeto, un furacán transportouna ao máxico Mundo de Oz. Para volver ao seu fogar, o Fada Glinda guiou a Dorothy polo camiño de Baldosas Amarelas ata Cidade Esmeralda, onde vive o Mago de Oz, que é capaz de conceder calquera desexo. Polo camiño, atopou a un Espantallo sen cerebro, a un Home de Hojalata sen corazón e a un León covarde que se uniron a ela para pedirlle ao Mago aquilo do que crían carecer. Coa axuda do Fada Glinda e os seus novos amigos, Dorothy logrou derrotar á malvada Bruxa do Oeste e chegou ata o Mago de Oz. Grazas a el, entendeu que a maxia de verdade levámola dentro, e que tiña no seu corazón a capacidade para cumprir os seus desexos e de volver a Oz sempre que lle apeteza para vivir novas aventuras.
Unha historia de autoafirmación e autoconfianza , ademais de amizade. Chulísima

miércoles, 14 de febrero de 2018
Saúdo a Burgos
Temos uns amigos e amigas novas, son de Burgos, e tamen están en terceiro de primaria .
Para que coñecesen o noso cole fixemos unha presentación.
Para que coñecesen o noso cole fixemos unha presentación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)