jueves, 31 de mayo de 2018

DAKIDARRÍA

E  CHEGOU O DÍA.

DAKIDARRÍA chegou a Chans e en exclusiva un concerto para nós .

Un verdadeiro privilexio.





martes, 29 de mayo de 2018

FARO DA ESCOLA

Un curso máis o noso colexio participou no proxecto do Faro de Vigo: Faro da escola.

Hoxe foi a entrega de premios e levamos o tercer premio que otorgaba a editorial Galaxia, e ahí estabamos nós co noso artigo.

Estamos a espera de que cheguen a escola e poder levalo a nosas casas para amosalos.




Moi bo traballo compañeiros/as.


















martes, 22 de mayo de 2018

O ensaio para o festival

Este é o noso ensaio para o festival. Vai acompañado das nosas fotos, fotos nas que estamos na nosa TERRA.



Resultado de imagen de terra dakidarría

lunes, 21 de mayo de 2018

Festival das letras galegas

O mércores 16 de maio celebrouse o festival das letras galegas no colexio.
O alumnado de 3º puxo o seu gran de area coa canción Terra dos de Dakidarría, unha canción que fala da nosa lingua. Unha lingua para escoitar, aprender e compartir.

lunes, 23 de abril de 2018

Día das bibliotecas escolares



Este ano fixemos apadriñamentos e amadriñamentos lectores no colexio.
O alumnado de 3ºA asumiron o compromiso de ler  ao alumnado de 4 anos e o de 3ºB ao alumnado de 5 anos.
Así que na hora de ler exercimos o compromiso no parque de Chans. Foi unha experiencia preciosa.







jueves, 22 de marzo de 2018

CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC



                CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC

O Luns 16 de Abril, Manu, todo un experto en cómics e alumno de 6ºA deste centro, sorprendeunos cos seus coñecementos sobre o mundo do cómic.
A conferencia tivo lugar na aula de 3ºB e logo rematou na biblioteca do cole, onde nos presentou os andeis onde están os cómics.
Falounos de todo tipo de cómics: de humor, de superherois, de aventuras…mesmo dos manga xaponeses que se len do revés.
Díxonos que hai cómics para todas as idades, mesmo para os adultos, e por iso hai que ver ben se son axeitados para nós. Recomendounos: os de Mortadelo e Filemón, os de Asterix e Obelix, Zipi e Zape, Snoopy, Tin Tin, Lucky Lucke, Scooby-Doo, Marsupilami e os de superhéroes como: Superman, Batman. Spiderman…e algún en galego como Os Cinco narradores de Bagdad. Algúns deste últimos chegaron á gran pantalla!
Tamén nos dixo que ademais de en bibliochans, podemos atopar cómics nas bibliotecas municipais e mesmo nalgunhas web especializadas.


Para rematar a actividade trouxemos moitos cómics para nosa aula, e estamos a lelos con moitas gañas na hora de ler.
Moi interesante descubrir o mundo do cómic grazas a este experto que nos deixou abraiados e entusiasmados.





Bravo Manu! Eres todo un experto!

miércoles, 7 de marzo de 2018

Unha visita do máis científica.



Unha visita do máis científica.
O xoves 22 de marzo viu facernos unha visita ao noso cole unha bióloga, investigadora do CSIC, chamada Ana Cao.
O CSIC é o Consello Superior de Investigacións Científicas, é o maior e máis importante organismo público de investigación en España, o terceiro de Europa e o sétimo do mundo.
Creouse en 1939, sobre a base da Junta para a Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas (JAE).
O seu obxectivo é desenvolver e promover investigacións en beneficio do progreso científico e tecnolóxico.
Ten a súa organización central en Madrid e conta con centros de investigación en todas as Comunidades Autónomas e delegacións en: Andalucía, Aragón, Canarias, Castilla-León, Cataluña, Galicia, Madrid, Valencia, Roma e Bruxelas.
Ana, falounos do traballo que está a facer sobre as plantas e o medio no que se atopan.
Falounos de fungos, insectos , plantas, árbores e a relación, positiva e negativa, que tiñan .
Comentounos que algún fungo pode chegar a ser positivo para o ser humano como por exemplo o antibiótico, e outros, poden ser bos para a alimentación, por exemplo, no iogur.
Tamén falounos da relación que tiñan as formigas e os pulgóns e como se axudaban entre si:
A formiga protexe ao pulgón a cambio de comida .
Ana trouxo lupas e dous microscopios cos que puidemos ver larvas e insectos que atacan as plantas de millo e tamén bacterias que tiñan as plantas.
A verdade foi que esta experiencia gustounos moitísimo, estivemos como verdadeiros científicos e científicas.