Páxinas
- INICIO
- INDICE
- CIENCIAS SOCIAIS 3º
- Naturais 3º primaria
- Operar con ABN
- Lengua 3º primaria
- MATE
- LENGUA 4º PRIMARIA
- LINGUA
- Naturais 4º
- Sociais 4º
- IMAXES
- RECURSOS
- Medio ambiente
- RESPIRA!!!!!! yoga,coreografías e mindfulness para facer na casa
- Ideas para facer na casa
- Matemáticas 3º de primaria
- Ciencia en casa.
- Lingua 3º primaria
- Informática
- NEURONAS EN ACCIÓN
martes, 5 de junio de 2018
sábado, 2 de junio de 2018
Dakidarría con nós.Como o vivimos
DAKIDARRÍA CON NÓS
Neste
curso aprendemos un montón de cousas coa música, e moitas delas da man dun
grupo chamado Dakidarría, un grupo que coñecimos a través das súas cancións
como:
"Violeta"
que fala da historia das desigualdades , de mulleres escravas vivindo en
inferioridade. De mulleres que se revelan e nos dan exemplo de valor. Violeta regálanos
esperanza coas súas palabras, nada contracorrente buscando un mundo máis feliz para poder vivir en igualdade.
Ou
"Terra" a nosa Terra , coas pallozas, as praias de Massó, Vigo,
Carballiño, Salvaterra do Miño, Cangas, Ordes, e ese anaco da nosa terra que
añadimos nós que é Bembrive.
Unha terra fermosa cunha lingua nosa para escoitar aprender e compartir.
Unha terra fermosa cunha lingua nosa para escoitar aprender e compartir.
No momento que se barallou a posibilidade de que puideran visitarnos empezou a
nosa conta atrás.
Día 30
de maio, Ana chama a porta e di que alguén pregunta por nós,e
entra ....Dakidarría.
Aínda
que o grupo o compoñen 8 entraron pola porta 5 deles; Anxo, Joaquín, Jorge,
Gabri e David, e nós,..., emocionadas, emocionados, nervosos e nervosas,
sentindo un montón de cousas e querendo saber máis deles, para iso abordámolos con
preguntas nunha rolda de prensa.
Contáronnos que cando cantan senten alegría e que están a facer o que teñen
que facer porque a música gústalles dende sempre .
Algúns coñecéronse no instituto e formaron o grupo porque estaban aburridos
e por iso de..”facer algo”..e contar cousas que lles pasaban e o que vían,
contar iso transformouse en algo bo para eles. Lévanse entre eles como irmáns.
Compoñen as cancións entre todos, en equipo, a cada un deles vaiselle ocurrindo
algo e unha cousa leva a outra.
A súa musica ten estilo propio, estilo da ría de Vigo, onde ten cabida o rock, punk ,ska, reagee, rumba, hip-hop,
rap.
A súa canción favorita é Terra e o
seu primeiro concerto foi hai 15 anos, en febreiro do 2002, no bar Patos, polo afundimento
do Prestige.
De pequenos; Anxo quería ser, futbolista, Vilas cociñeiro porque gústalle cociñar e comer; Gabri
profesor, aínda que prefire cantar para poder berrar; Joaqui, astronauta e Xavi,
mariñeiro ata que se deu conta que ser mariñeiro era moi duro.
Despois da rolda de prensa baixamos a clase de música, alí o alumnado de
3º e 4º B de Chans xunto coas súas
profesoras tivemos o privilexio de escoitar un mini concerto representado por
estes artistas.
Cantamos con eles, bailamos, tocamos palmas, recollemos autógrafos e tamén algún
que outro agasallo.
Oito persoas simpáticas, próximas, moi xenerosas a hora de responder ás nosas
preguntas, co seu tempo e cos seus agasallos.
Oito músicos que fan música con moita marcha. Encántanos¡ Que a utilizan
para contar todas esas cousas que non lles gustan do que viven, o as que lles
gustaría mellorar.
Non saben estar "calados" e iso foi o que nos achegou a eles.
Grazas Dakidarría.
jueves, 31 de mayo de 2018
DAKIDARRÍA
E CHEGOU O DÍA.
DAKIDARRÍA chegou a Chans e en exclusiva un concerto para nós .
Un verdadeiro privilexio.
martes, 29 de mayo de 2018
FARO DA ESCOLA
Un curso máis o noso colexio participou no proxecto do Faro de Vigo: Faro da escola.
Hoxe foi a entrega de premios e levamos o tercer premio que otorgaba a editorial Galaxia, e ahí estabamos nós co noso artigo.
Estamos a espera de que cheguen a escola e poder levalo a nosas casas para amosalos.
Hoxe foi a entrega de premios e levamos o tercer premio que otorgaba a editorial Galaxia, e ahí estabamos nós co noso artigo.
Estamos a espera de que cheguen a escola e poder levalo a nosas casas para amosalos.
martes, 22 de mayo de 2018
O ensaio para o festival
Este é o noso ensaio para o festival. Vai acompañado das nosas fotos, fotos nas que estamos na nosa TERRA.
lunes, 21 de mayo de 2018
Festival das letras galegas
O mércores 16 de maio celebrouse o festival das letras galegas no colexio.
O alumnado de 3º puxo o seu gran de area coa canción Terra dos de Dakidarría, unha canción que fala da nosa lingua. Unha lingua para escoitar, aprender e compartir.
O alumnado de 3º puxo o seu gran de area coa canción Terra dos de Dakidarría, unha canción que fala da nosa lingua. Unha lingua para escoitar, aprender e compartir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








