No cole xa estamos a preparar a xanela deste ano. O alumnado de cuarto coopera con dúas seccións; a primeira , sobre curiosidades da prehistoria; e a segunda cunha selección de chistes curtos nos que estivemos a traballar na aula. As fotos que van a acompañar estas páxinas xa as temos!
Chega o 17 de maio, Día das Letras Galegas, data na que lembramos a un escritor ou escritora que escribiu na nosa lingua ou estivo vinculado a nosa cultura. Neste ano lembramos ao poeta de Manuel Freiría
Nós celebramos as Letras Galegas con moitas actividades: escribimos para a revista A Xanela, participamos no festival, no sairemos a coñecer o entorno visitando muíños, para despois participar no acto conxunto de todo o colexio no Torreiro, en Bembrive.
O RESULTADO DESTA SAÍDA O PODEMOS VER NESTAS FOTOS
Na nosa viaxe polo Olimpo quixemos facer unha homenaxe (para celebrar o Día internacional da muller)ás mulleres que abraiaron ao mundo cos seus éxitos deportivos nos xogos Olímpicos . Parabéns a todas elas e a todas as mulleres que no seu día a día son verdadeiras campionas.
A conquista do mundo submarino A nosa visita ao Museo foi para contemplar a evolución dalgúns dos métodos e técnicas empregados ao longo da historia para mergullarse, entre outras pezas móstranse traxes de mergullo e pezas como as que se empregaron para tentar recuperar os “tesouros” da Batalla de Rande. Pero tamén visitamo o acuario e gustounos moito.
Coma todolos venres despois do tempo de lecer temos un tempo de xogos de mesa estes últimos acompañáronnos os nosos compañeiros e compañeiras de 6º. Con eles e elas os xogos son máis divertidos xa que supón un maior reto para nós. Gústanos que veñan.
Xa estiveron con nós Breixo, Manu, Iván , Nerea, Nico,Brais....temos fotos!
As lecturas máis "inspiradoras"son as que se comparten. Para celebrar o "Día do libro", os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º convertéronse en "padriños e madriñas lectores" do alumnado de E.I, de 1º e 2º. Esta actividade , ademais de fomentar o hábito lector axuda a mellorar a conexión entre o alumnado e a potenciar as relacións positivas. Ao rematar a lectura intercambiaron os seus "marcapáxinas interactivos.