martes, 19 de noviembre de 2019

Gaia

Hoxe o alumnado de 3º e 4º fomos ao teatro a ver a obra: GAIA.

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza achégannos coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa. Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. 
A importancia da interacción entre as persoas e a natureza é a clave desta obra. 


domingo, 10 de noviembre de 2019

Magosto 2019

Xa chega o magosto a Chans, as fogueiras están encendidas e os xogos preparados. Agora a comer e gozar.



4º reto matemático

A nosa aventura remata saíndo da illa. 
Pero necesitamos luz para iluminar o noso camino de volta a casa. Para creala temos que elaborar  lámpadas por parellas para colocar no noso barco.
Comenzamos a súa elaboración traballando con rectas paralelas e elaborando conos.
E así é como traballamos.






Moitas grazas a María, Nerea e Xoán pola vosa dedicación.








sábado, 2 de noviembre de 2019

Semana das bibliotecas escolares: "Bibliotecas con encanto"

BIBLIOTECAS CON ENCANTO

Para celebrar o día das Bibliotecas escolares (24 outubro) o Trasno Contacontos enviounos este vídeo das bibliotecas que percorreu durante as vacacións. 
Sabedes cal é a súa Biblioteca favorita?

domingo, 27 de octubre de 2019

Biblioteca Neira Vilas

Visitamos a biblioteca Neira Vilas .
Este ano faláronnos dás Olimpiadas e para que coñezades un pouco da súa historia e bo mirar este video.


A través de diferentes contos coñecimos a historia das Olimpiadas, tamen aprendimos o que fixeron as primeira mulleres para poder participar en elas así como os diferentes xogos que nelas se practican. Ao finalizar fixemos xogos moi devertidos.
gustonos moito







3º Reto matemático

Nesta ocasión Anxo, María y  Nerea nos propoñen facer vidrieras para o noso barco, pero...ollo a esas formas xeométricas que logo imos a comentar!!




sábado, 12 de octubre de 2019

Segundo reto matemático

E un novo reto chegou a nosa aula.
Tiñamos que construir un parque para poder divertirnos na nosa illa deserta, o material co que contamos son depresores de distinto tamaño e...a creatividade.


Ao rematar falamos dos ángulos que atopamos nas nosas construccións.