jueves, 26 de enero de 2012

Día da Paz 2012


O vindeiro luns, 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ. Nesta mesma data tódolos anos nos colexios facemos  distintas actividades e algún acto simbólico conxunto pola Paz.
 Esta data coincide co asasinato do líder indio Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948. Gandhi defendía a loita sen violencia contra a inxustiza, converténdose nun símbolo da paz para o resto do mundo. Seguindo o seu exemplo da “non violencia” non deberíamos ter un día da paz senón paz tódolos días. Lembremos que a paz comeza en nós, está nas nosas mans conseguir un mundo mellor.
Podemos facer  actividades premendo sobre as imaxes.
Actividade lim, en galego e castelán, con dous nives de dificultade.


Xogo do aforcado con palabras sobre a paz.




Sopa de letras sobre a Paz.


Buscamos as 8 diferenzas. Se queremos buscar 6 nestas pombas ...


Crebacabezas da pomba da paz de 9 pezas. Podemos facer máis aquí.




Podemos atopar moitas actividades e recursos sobre a Paz no blogue Tic Tac Chans e tamén nas "webs amigas do Día da Paz" da web do noso cole.

Camiña con nós pola Igualdade


O luns 19 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º participamos no obradoiro CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE, da Concellería de Medio Ambiente, Igualdade e Xuventude do Concello de Vigo. Viñeron dúas monitoras que nos falaron de “cousas” de rapaces e rapazas e chegamos a conclusión de que todos podemos facer as mesmas cousas, xogar ao mesmo e pedir aos Reis Magos os mesmos xoguetes.
Logo puxéronnos un conto titulado OS HOMES NON CHORAN na pantalla dixital que contaba da historia dun neno. Ensinounos moitas cousas, entre elas que o importante é que podemos chorar todos: nenos e nenas, porque non importa amosar os nosos sentimentos.

Biblioteca Neira Vilas

O mércores, día 14 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º A e 4º B visitamos a Biblioteca Neira Vilas de Vigo.
Alí, a bibliotecaria, que se chama Noelia ensinounos todo. É moi grande e non só hai libros, ten un espazo para ler os xornais, outro con ordenadores para buscar información en Internet, outro recuncho ten CDs e DVDs con películas e incluso hai consolas para xogar. Que sorte!
Díxonos que había uns 9.000 libros para tódalas idades e de tódolos temas imaxinables.
Coa súa axuda fixemos un xogo para descubrir uns libros cos que podíamos completar o diario de Cristovo Colón, Foi moi divertido e interesante!
Estamos desexando volver! Moitos xa somos socios. E ti?

Obradoiro Vigozoo


O martes, 13 de decembro, os de 4º participamos nun obradoiro do Zoo de Vigo. Dentro do Programa de Visitas Escolares da Aula Educativa do zoo, achegáronse ao noso centro dous monitores que nos amosaron imaxes  dos animais que teñen alí e faláronnos do traballo que están a facer.
Despois participamos nun xogo no que había que completar tres murais coas fotos de animais ou plantas que nos repartiron. Logo tivemos que colocalas e así aprendemos cousas interesantes das especies autóctonas, exóticas e invasoras.
Estivemos moi atentos porque foi moi interesante. Gustounos moito!

miércoles, 5 de octubre de 2011

Xa estamos aquí ... empeza o curso 2011-12


Pois remataron as vacacións e xa estamos de volta, aínda qsue algúns xa pasaron a 5º, pero chegamos nós, os de 3º.
Ao longo deste curso que comeza iremos enchendo os distintos recunchos do noso blogue con fotos, vídeos, actividades ...
Botade unha ollada para ir descubrindo as novidades ou para lembrar actividades ou traballos feitos o curso pasado.
Benvidos ao novo curso!

miércoles, 22 de junio de 2011

Chegaron as vacacións


Ben, pois remata o curso e chega o tempo de lecer. Durante o verán teremos tempo para descansar, xogar, ir a praia, de vacacións, gozar da lectura … e tamén para repasar un pouco para que non se nos esqueza o que aprendemos durante este curso que remata. Pasado un tempo podemos ir fixando un horario para estas actividades de repaso, cada un de nós segundo as nosas necesidades. Uns necesitaremos repasar máis mate, outros lingua …
Podemos aproveitar estas propostas de actividades para terceiro e para cuarto como guía para as áreas de lingua e matemáticas.
Non debemos esquecernos dunha actividade que debe ser diaria porque con ela gozamos (unhas veces máis e outras menos) e tamén aprendemos un montón de cousas. Non esquezamos a lectura como fonte de información e pracer.
Gocemos do verán, das vacacións e vémonos o 12 de setembro!

domingo, 22 de mayo de 2011

Encontro con Teresa González

Os alumnos e alumnas de 4º recibimos a visita da escritora Teresa González, autora de A filla do ladrón de bicicletas, o libro que estamos a ler.
Esta obra recibiu o premio Merlín de literatura infantil no 2010. O encontro, moi interesante, tivo lugar na biblioteca o día 11 de maio.
Asinou os nosos libros e deixou unha mensaxe coa súa sinatura no libro de visitas de Bibliochans.
A FILLA DO LADRÓN DE BICILETAS on PhotoPeach

Podemos saber máis desta obra e traballar sobre ela facendo esta actividade lim.