domingo, 3 de febrero de 2013

Pinga gañadora


Xa hai pinga gañadora! Patricia Gradaílle, de 4º B, deseñou unha simpática pinga que parece moi disposta a camiñar con nós polas rutas do mundo da auga.

Preme na pinga e atoparás un montón de recursos do novo proxecto Pingas en Chans.

miércoles, 30 de enero de 2013

Na Biblioteca Neira Vilas


O día 29 de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º fomos a biblioteca Neira Vilas. Alí a bibliotecaria Noelia, moi atenta, explicounos como se organizan os libros, o significado das letras e números que aparecen nas etiquetas dos libros e o significado das distintas cores.

Logo fixemos unha actividade, moi lúdica e interesante, buscando  libros agochados polas distintas seccións da biblioteca. Asi aprendemos a forma de buscar e atopar libros para informarnos.

Gustounos moito a visita e xa pensamos en volver axiña para estrear o noso carné e coller algúns dos interesantes libros que alí vimos.



lunes, 28 de enero de 2013

Pola Paz

Un ano máis chega o 30 de xaneiro e no colexio celebraremos o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia. Para ter paz todos os días debemos buscala arredor de nós, entre as persoas coas que convivimos: na familia, no colexio, cos amigos... mesturando amizade, respecto, tolerancia e solidariedade. Así será moito máis doado atopar a paz.

Podemos escoitar a canción  que cantaremos no patio no blogue da aula de música  O son de Chans e tamén en Tic Tac Chans onde atoparemos outros recursos sobre a paz. Na páxina web do noso cole tamén podemos atopar un bo número de recursos nas Webs amigas do Día da  Paz.


Facendo clic nas imaxes iremos a outros recursos sobre a Paz.

Parellas, crebacabezas, dereitos dos nenos ...



Letras de cancións, poemas, mensaxes ...



Unidade  didáctica: personaxes, vídeos ...





Actividade Lim.




As árbores da paz. Actividade lim.

domingo, 9 de diciembre de 2012

Obradoiros


O mércores 14 de novembro participamos un obradoiro sobre Herbas aromáticas impartido por unha monitora do Concello.
Ali tivemos ocasión de ulir e tocar distintas plantas aromáticas, aprendemos os seus nomes, as súas propiedades e as súas utilidades. Para rematar fixemos as nosas propias bolsiñas de herbas aromáticas que mantiveron o noso peto cun agradable olor.
Foi divertido e pasámolo moi ben!
O venres 23 de novembro tivemos no cole unha sesión dedicada a un Obradoiro de atención e relaxación impartido grazas a Fundación DEVI.
Nela asistimos á animación dun fermoso conto titulado O guerreiro do silencio. Despois tivemos unha sesión de relaxación que nos serviu para quedar moi tranquilos e comezar as clases doutro xeito.
Gustounos moito!

lunes, 28 de mayo de 2012

Entrenando co Clube AMFIV


Como se ven facendo nos cursos anteriores, os alumnos/as de 4º fomos ao Pavillón do Carme nas Travesas, o día 18 de abril, para vivir a experiencia do baloncesto en cadeira de rodas.
É un deporte minoritario onde o Clube AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo) con moito traballo e sacrificio lograron, fai anos, facer un equipo que está na élite do baloncesto en cadeira de rodas, a nivel nacional e internacional.
Nesta sesión poidemos comprobar na realidade o difícil que é este deporte e,  ao mesmo tempo, o espectacular que pode chegar a ser nos partidos oficiais. Aprendemos as regras particulares que ten este deporte, interesámonos por distintos aspectos do xogo e decatámonos de que aínda que se teña unha deficiencia física, sempre haberá algún deporte que poidamos practicar.