domingo, 12 de enero de 2014

Visita ao Castro de Vigo do alumnado de 4º

O mércores, 27 de novembro, o alumnado de  4º de Primaria visitamos o xacemento arqueolóxico do Castro de Vigo, no monte do Castro, no centro da cidade.
Recibiunos Rubén, o arqueólogo, e diante da maqueta do castro explicounos moitas cousas do poboado e satisfixo a nosa curiosidade respondendo a todas as nosas preguntas, que foron moitas.
Díxonos que os restos escavados forman parte dun gran poboado castrexo que estivo habitado entre os séculos III a.C. e III d.C.
Contounos que vivían da agricultura, da gandería, da recolección de produtos vexetais e dos recursos mariños.
Ensinounos os restos arqueolóxicos reais formados por restos de casas e vimos as réplicas ou recreacións de distintos tipos de vivendas, segundo o uso, ambientadas no século I d.C., fai uns 2.000 anos. Foi o que máis nos gustou e permitiunos imaxinarnos como vivían naquela época.
Merendamos na antiga fortaleza militar, hoxe parque infantil, e gozamos das marabillosas vistas sobre a ría: Rande, a Guía, as Cíes, Toralla ...
FOI UNHA SAÍDA XENIAL !!!


Os de 3º en ANFACO


Os alumnos e alumnas de 3º fixemos una visita ao museo de conservas ANFACO.
Foi unha visita moi interesante na que nos ensinaron:
  •    As máquinas empregadas nas fábricas de conservas, das máis antigas ás máis modernas.
  • Aparellos empregados para abrir as latas a través do tempo, dende o primeiro abrefácil.
  • Fotografías e paneis de distintas conserveiras.

Tamén nos explicaron que as conservas son moi boas para a nosa saúde xa que están feitas con produtos naturais excelentes e sen conservantes.
Ademais regaláronnos unha lata de mexillóns a cada un.

                                                                                            ESTABAN BOÍSIMOS !!!


domingo, 20 de octubre de 2013

Reciclando con Vigo Recicla

O venres 4 de outubro, os alumnos e alumnas do segundo ciclo, participamos nun obradoiro con VIGO RECICLA, do Concello de Vigo, que trataba da reciclaxe do lixo.

Desde o vehículo equipado cos  contedores das distintas cores, a monitora Noelia explicounos como temos que facer cos distintos materiais de residuos e en que contedor temos que botalos.

Foi participativo porque logo practicamos depositando distintos residuos no contedor axeitado.
Lembráronnos que hai que coidar o noso planeta, e esta é unha forma de facelo.

Ao final houbo agasallos para todos!!! Queremos coidar da Terra!!!


jueves, 27 de junio de 2013

Boas vacacións!


Remata un curso máis e chegan as vacacións de verán. Cando volvamos, o 11 de setembro, uns xa pasaremos ao 3º ciclo e outros seremos de 4º, pero chegarán os compañeiros e compañeiras de 3º.
No verán esperamos as vosas visitas. Non esquezades que podemos ver algunhas imaxes e traballos e repasar facendo actividades das seccións de Mate, Lingua e C. do Medio … ademais de ler xornais, consultar dicionarios, enciclopedias, aprender sobre os animais e acceder a outros blogues do centro.

Gocemos do verán e boas vacacións!

sábado, 1 de junio de 2013

Campaña-taller de aforro da auga

O venres 24 de maio o alumnado do 2º ciclo participou nun taller da Fundación Mapfre que trata dunha campaña de aforro da auga.

Dous educadores ambientais, caracterizados de científicos, por medio dunha presentación lembráronnos que aínda que a maior parte da Terra está cuberta de auga, só unha pequena parte é auga doce e dela, unha pequena cantidade é potable. Isto é o que cea a necesidade da aforrala e que teñamos que facer un uso racional dela.

Na segunda parte do taller fixemos unha actividade de reciclado. Co contido dunha bolsa de lixo, cada un de nós tivo que colocar no contedor correspondente un residuo segundo se puidera reciclar ou desbotar.

Deixáronnos uns cómics onde os protagonistas son os membros da Ecopatrulla e recomendáronnos visitar Educatumundo onde podemos descargar os cómics e ver informacións e vídeos de distintos temas ambientais.

Para rematar os ciéntificos convertéronnos en raperos e cantamos e bailamos por un bo uso da auga. Foi unha boa actividade para concienciarnos no aforro da auga e na necesidade da reciclaxe do lixo.

Correlingua 2013

O alumnado do 1º e 2º ciclo participamos no Correlingua 2013 o martes 15 de maio. Baixo o lema O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO, saímos ás 11 da mañá da Praza do Rei para chegar ao Parque de Castrelos despois dunha hora camiñando pola nosa lingua.

Ao chegar merendamos para repoñer forzas, escoitamos as actuacións e bailamos ao son da música de varios grupos participantes. Moito ritmo!


miércoles, 24 de abril de 2013

Descubrindo o noso patrimonio inmaterial



O mércores, 24 de abril, o alumnado do segundo ciclo asistimos no Centro Cultural de Novacaixagalicia á actividade didáctico-musical NA PERCURA DO TESOURO, espectáculo presentado pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra.
Xurxo, o protagonista da historia,  non cría nas lendas, quere conseguir o tesouro agochado na cova e pensaba que os debuxos nas pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro.
A través das probas que tivo que ir superando, coa nosa axuda, descúbrenos e achéganos ao noso partimonio inmaterial: lendas, cantigas, refráns, pezas e instrumentos musicais e as sensacións e sentimentos que producen en nós.
Foi moi entretida, estivemos moi atentos e as profes déronnos parabéns polo bo comportamento que amosamos.