martes, 23 de enero de 2018

Visita a nosa escola de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro.




Un encontro poético.


Ao noso cole viu un home adulto, alto, cos ollos marróns, de pelo branco. Vestido cunha camiseta branca e vermella, zapatos marróns e un fular.
Gracioso, divertido, agradable, contento e acompañado dun monicreque moi chulo e guapo chamado Martiño. Un home que lle gusta o deporte, a música, bañarse na praia, pasear e falar.
Un home que escribiu un libro que nos gustou moitísimo chamado “Poemar o mar”.
"Poemar o Mar" é un libro que pertence a unha triloxía sobre o mar . Un mar ronco que molla con poemas, que ten trenzas , que anda murcho, que produciu en nós unha morea de sentimentos, encantounos!, por iso tiñamos moitas gañas de coñecer ao seu autor, Antonio García Teijeiro .
Así é como o presentamos cando chegou a nosa escola:
Hoxe visita a nosa escola
Antonio García Teijeiro
poeta e narrador
e mestre de profesión.
Coñecemos o seu libro
chamado " poemar o mar"
traballámolo na aula,
e gustounos a rabiar.
Benvido á  nosa escola,
gústanos que esteas aquí,
estaremos moi atentos,
a todo o que vas dicir.
E agora todos e todas caladiños,
que o poeta Teijeiro vainos ensinar a facer versos.
Leunos poemas do seu libro, explicounos eses poemas, sacou a súa marioneta e falounos del como escritor.
Para el a poesía é o medio máis literario de todos, expresa con beleza e ten moita forza, por iso sempre intenta que o seu alumnado teña a poesía moi presente e de fronte.
Di que cando escribe un libro intenta ser consecuente consigo mesmo e por iso o libro tenlle que gustar a el. Escribe con moito respecto e moito agarimo e cando o fai, pasa por estados de dúbidas, de rabia, de loita, para rematar nun momento de pracer. Iso si, despois de moitas correccións e darlle moitas voltas aos escritos.
Sempre escribe a man e cando pensa que ten o resultado final, pásao ao computador .
Un gran consello que nos deu foi que, para escribir, primeiro hai que ler, empaparse de lecturas diferentes.

Grazas Antonio García Teijeiro, poeta, narrador e mestre de profesión.



lunes, 15 de enero de 2018

Chans soa

Un ano máis, un proxecto novo...
Comezamos o ano coa presentación do novo proxecto "Chans soa"deste xeito.Que vos parece?



Actuación do festival de Nadal 2017

Este é o noso Twist "O Nadal en Chans" foi inventado por nos na clase de música coa profe Ana.


File:Twist logo 00s.svg

martes, 9 de enero de 2018

Visita de Papá Noel

O 21 de decembro visitounos Papá Noel . 


Estivemos super-emocionados !




Felicitación de Nadal

Esta é a nosa felicitación de Nadal .
A fixemos traballando coas tablets.

martes, 21 de noviembre de 2017

Rubicundo



Rubicundo Trata dunha nena chamada Erea que espía ao seu veciño, Rubicundo.
Todas as noites Rubicundo saía na súa bicicleta e ela quería saber a onde iba.Un día cando estaba na cafeteríado seu amigo Darío, chegou o seu veciño Rubicundo,ela decidiu preguntarlle onde ibatodas as noites coa súa bicicleta, pero el non o contou porque era un segredo.
Erea o convence decíndolle que ela garda moi ben os segredos. Entón el cóntalle que é cosedor de ventos,cose os ventos con agullas de cristal e fío de polbo de estrelas.
Rubicundo como xa era moi vello xa non tiña moitos amigos , por iso estaba triste.
Un día que fixo moito vento e a Rubicundo doíalle moito as costas Nerea decidiu ir ela mesma a caser os ventos, Rubicundo dille que teña coidado que non a tire a bicicleta.E desde entón Rubicundo traballa na cafetería e Erea vai coser os ventos e Darío faise actor.
Escrito por Ángela 3ºA