jueves, 22 de marzo de 2018

CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC



                CONFERENCIA SOBRE O MUNDO DO CÓMIC

O Luns 16 de Abril, Manu, todo un experto en cómics e alumno de 6ºA deste centro, sorprendeunos cos seus coñecementos sobre o mundo do cómic.
A conferencia tivo lugar na aula de 3ºB e logo rematou na biblioteca do cole, onde nos presentou os andeis onde están os cómics.
Falounos de todo tipo de cómics: de humor, de superherois, de aventuras…mesmo dos manga xaponeses que se len do revés.
Díxonos que hai cómics para todas as idades, mesmo para os adultos, e por iso hai que ver ben se son axeitados para nós. Recomendounos: os de Mortadelo e Filemón, os de Asterix e Obelix, Zipi e Zape, Snoopy, Tin Tin, Lucky Lucke, Scooby-Doo, Marsupilami e os de superhéroes como: Superman, Batman. Spiderman…e algún en galego como Os Cinco narradores de Bagdad. Algúns deste últimos chegaron á gran pantalla!
Tamén nos dixo que ademais de en bibliochans, podemos atopar cómics nas bibliotecas municipais e mesmo nalgunhas web especializadas.


Para rematar a actividade trouxemos moitos cómics para nosa aula, e estamos a lelos con moitas gañas na hora de ler.
Moi interesante descubrir o mundo do cómic grazas a este experto que nos deixou abraiados e entusiasmados.





Bravo Manu! Eres todo un experto!

miércoles, 7 de marzo de 2018

Unha visita do máis científica.



Unha visita do máis científica.
O xoves 22 de marzo viu facernos unha visita ao noso cole unha bióloga, investigadora do CSIC, chamada Ana Cao.
O CSIC é o Consello Superior de Investigacións Científicas, é o maior e máis importante organismo público de investigación en España, o terceiro de Europa e o sétimo do mundo.
Creouse en 1939, sobre a base da Junta para a Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas (JAE).
O seu obxectivo é desenvolver e promover investigacións en beneficio do progreso científico e tecnolóxico.
Ten a súa organización central en Madrid e conta con centros de investigación en todas as Comunidades Autónomas e delegacións en: Andalucía, Aragón, Canarias, Castilla-León, Cataluña, Galicia, Madrid, Valencia, Roma e Bruxelas.
Ana, falounos do traballo que está a facer sobre as plantas e o medio no que se atopan.
Falounos de fungos, insectos , plantas, árbores e a relación, positiva e negativa, que tiñan .
Comentounos que algún fungo pode chegar a ser positivo para o ser humano como por exemplo o antibiótico, e outros, poden ser bos para a alimentación, por exemplo, no iogur.
Tamén falounos da relación que tiñan as formigas e os pulgóns e como se axudaban entre si:
A formiga protexe ao pulgón a cambio de comida .
Ana trouxo lupas e dous microscopios cos que puidemos ver larvas e insectos que atacan as plantas de millo e tamén bacterias que tiñan as plantas.
A verdade foi que esta experiencia gustounos moitísimo, estivemos como verdadeiros científicos e científicas.





jueves, 22 de febrero de 2018

O noso primeiro musical

O mago de Hoz.
Dorothy vivía na aburrida Kansas coa súa Tía Emma e os seus amigos Hunk, Leo e Oliver ata que, de súpeto, un furacán transportouna ao máxico Mundo de Oz. Para volver ao seu fogar, o Fada Glinda guiou a Dorothy polo camiño de Baldosas Amarelas ata Cidade Esmeralda, onde vive o Mago de Oz, que é capaz de conceder calquera desexo. Polo camiño, atopou a un Espantallo sen cerebro, a un Home de Hojalata sen corazón e a un León covarde que se uniron a ela para pedirlle ao Mago aquilo do que crían carecer. Coa axuda do Fada Glinda e os seus novos amigos, Dorothy logrou derrotar á malvada Bruxa do Oeste e chegou ata o Mago de Oz. Grazas a el, entendeu que a maxia de verdade levámola dentro, e que tiña no seu corazón a capacidade para cumprir os seus desexos e de volver a Oz sempre que lle apeteza para vivir novas aventuras.
Unha historia de autoafirmación e autoconfianza , ademais de amizade. Chulísima

miércoles, 14 de febrero de 2018

Saúdo a Burgos

Temos uns amigos e amigas novas, son de Burgos, e tamen están en terceiro de primaria .
Para que coñecesen o noso cole fixemos unha presentación.






Entroido 2018

Como cada ano no colexio celebrouse o Entroido con actuacións de todo o alumnado.
Este ano os disfraces xiraron en torno a MUSICA , xa que o noso proxecto trata dela.
O alumnado esforzouse en lucir coas coreografías sobtre a canción traballada na aula, e o alumnado de terceiro non foi menos...





martes, 23 de enero de 2018

Visita a nosa escola de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro.




Un encontro poético.


Ao noso cole viu un home adulto, alto, cos ollos marróns, de pelo branco. Vestido cunha camiseta branca e vermella, zapatos marróns e un fular.
Gracioso, divertido, agradable, contento e acompañado dun monicreque moi chulo e guapo chamado Martiño. Un home que lle gusta o deporte, a música, bañarse na praia, pasear e falar.
Un home que escribiu un libro que nos gustou moitísimo chamado “Poemar o mar”.
"Poemar o Mar" é un libro que pertence a unha triloxía sobre o mar . Un mar ronco que molla con poemas, que ten trenzas , que anda murcho, que produciu en nós unha morea de sentimentos, encantounos!, por iso tiñamos moitas gañas de coñecer ao seu autor, Antonio García Teijeiro .
Así é como o presentamos cando chegou a nosa escola:
Hoxe visita a nosa escola
Antonio García Teijeiro
poeta e narrador
e mestre de profesión.
Coñecemos o seu libro
chamado " poemar o mar"
traballámolo na aula,
e gustounos a rabiar.
Benvido á  nosa escola,
gústanos que esteas aquí,
estaremos moi atentos,
a todo o que vas dicir.
E agora todos e todas caladiños,
que o poeta Teijeiro vainos ensinar a facer versos.
Leunos poemas do seu libro, explicounos eses poemas, sacou a súa marioneta e falounos del como escritor.
Para el a poesía é o medio máis literario de todos, expresa con beleza e ten moita forza, por iso sempre intenta que o seu alumnado teña a poesía moi presente e de fronte.
Di que cando escribe un libro intenta ser consecuente consigo mesmo e por iso o libro tenlle que gustar a el. Escribe con moito respecto e moito agarimo e cando o fai, pasa por estados de dúbidas, de rabia, de loita, para rematar nun momento de pracer. Iso si, despois de moitas correccións e darlle moitas voltas aos escritos.
Sempre escribe a man e cando pensa que ten o resultado final, pásao ao computador .
Un gran consello que nos deu foi que, para escribir, primeiro hai que ler, empaparse de lecturas diferentes.

Grazas Antonio García Teijeiro, poeta, narrador e mestre de profesión.