viernes, 21 de diciembre de 2018

Nadal

Hoxe foi o derradeiro día do primer trimestre. Chegan as vacacións de Nadal e para poñernos nervosos e nervosas hoxe tivemos a visita de alguén moi especial nestas datas.



lunes, 10 de diciembre de 2018

Construimos unha máquina e a súa estructura

Este curso construímos o noso propio guindastre e este foron os resultados.



Como podedes ver temos moita variedade.


domingo, 9 de diciembre de 2018

Actuación de Nadal

Este ano no festival de Nadal imos compartir escenario cós nos@s compañeir@s e amig@s de infantil de 5 anos.
Estamos a preperar unha representación do conto Pedro e o lobo temos moito traballo e estámonos a axudar moito.
Mirade como traballamos!





lunes, 19 de noviembre de 2018

Samaín

O día 30 de outubro celebramos o Samaín na escola. Os corredores do colexio enchéronse de monstros, arañas, caveiras....Pasámolo DE  MEEEDO!!!

Visita ao estadio de Balaídos

O alumnado de 3º visitamos o estadio de Balaídos. Vimos todos os trofeos que leva gañado o Celta, que non son poucos!!! Tamén vimos equipaxes e botas antigas dos xogadores. Para rematar a visita, estivemos nos seus vestiarios e na sala de prensa. Sentímonos futbolistas por un día! Foi xenial!

Visita ao estadio de Balaídos on PhotoPeach

Visita a biblioteca Neira Vilas

O pasado mes de outubro os nenos e as nenas de 3º  visitamos a biblioteca pública Neira Vilas. Cos libros que nos mostraron  viaxamos por todo o mundo. Estivemos en China, Xapón, Italia....Aprendimos moitas costumes e tradicións doutros países. Se queredes facer unha viaxe non dubidedes en visitala.
"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"





miércoles, 7 de noviembre de 2018

Camiña con nós pola igualdade

De novo estivo con nós Elsa, e viu facer unha sesión con nós na que fomos conscentes   de como na publicidade dos xoguetes xa hai serias diferencias entre nenos e nenas;  nas cores, no xeito de xogar, na vestimenta ...
Gustounos moito esta sesión xa que axúdanos a reflexionar sobre feitos do noso contorno e que non son os máis adecuados para camiñar hacia a igualdade.