martes, 25 de junio de 2019

PIRÁMIDE DE SIERPINSKI

Os nenos e nenas de 3º fixemos moitas moitas moitas fotos para conseguir este stop motion sobre a construción do triángulo de Sierpinski. Cada un dos nenos/as do cole fixemos un tetraedro para conseguir esta gran pirámide. Aprendimos sobre fractales, xeometría, potencias...Gracias Marta por propoñernos esta actividade que resultou tan interesante para nós e por adicarnos o teu tempo para que as matemáticas nos resulten máis divertidas!!
Esperamos que vos guste!

sábado, 8 de junio de 2019

Visita do alumnado do IES Carlos Casares

Coma todos os anos o alumnado viu na semana das letras galegas para contarnos cousas do seu traballo.
Este ano ao alumnado de cuarto curso contáronlles cousas do Bosco: obras, tipo de pintura, características dos seus cadros...

Preparando a Xanela

No cole xa estamos a preparar a xanela deste ano.
O alumnado de cuarto coopera con dúas seccións; a primeira , sobre curiosidades da prehistoria; e a segunda cunha selección de chistes curtos nos que estivemos a traballar na aula. 
As fotos que van a acompañar estas páxinas xa as temos!




lunes, 20 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Chega o 17 de maio, Día das Letras Galegas, data na que lembramos a un escritor ou escritora que escribiu na nosa lingua ou estivo vinculado a nosa cultura. Neste ano lembramos ao poeta de Manuel Freiría
Nós celebramos as Letras Galegas con moitas actividades: escribimos para a revista A Xanela, participamos no festival, no  sairemos a coñecer o entorno visitando muíños, para despois participar no acto conxunto de todo o colexio no Torreiro, en  Bembrive.
O RESULTADO DESTA SAÍDA O PODEMOS VER NESTAS FOTOS


Saída polo Torreiro 2019

 E este ano nós cantamos!




lunes, 6 de mayo de 2019

Mulleres olímpicas



Na nosa viaxe polo Olimpo quixemos facer unha homenaxe (para celebrar o Día internacional da muller)ás mulleres que abraiaron ao mundo cos seus éxitos deportivos nos xogos Olímpicos . Parabéns a todas elas e a todas as mulleres que no seu día a día son verdadeiras campionas.